Jump to ratings and reviews
Rate this book

Teoría do caos

Rate this book
Paco, o alcalde de Santorén, unha vila da Costa Morte, sofre un pesadelo pola morte do cabo Agapito, a quen atoparon na corredoira do monte coa cabeza desfeita por tres disparos. Nesa noite, Paco recordaba o que lle dixera Lucía, cando os dous eran militantes dun partido clandestino formado por a penas un cento de revolucionarios: “deixar de ser novo era cifrar as aspiracións dunha vida non en salvar a Patria, senón en chegar a alcalde dunha vila de segunda”. Podería ser certo, pero para este médico, dedicado á actividade política, a vida tampouco lle ía tan mal, despois de pasarse ao partido conservador e a pesar do permanente litixio que mantiña con Pousada, o alcalde de Mirandela, pola delimitación da extrema entre os dous concellos. Un conflicto que o desacougaba e ao que non era alleo, tampouco, o destino do Monte, ese faro de luz branca, o último paraíso que quedaba na comarca, onde teimaba en ubicar un vertedoiro para o tratamento dos residuos. Outro feito que o enfronta co seu propio fillo, Antonio “ O Roxo”, o inquedo estudiante de Físicas, o ecoloxista e líder da oposición veciñal contra o vertedoiro que propón un plan alternativo de reciclaxe integral. Ademais, Paco mantiña unha actividade secreta, a da escritura dunha colección de vidas paralelas, vidas de heroes que publica baixo o alcuño de Roi de Neisón na páxina web do Batallón Literario da Costa da Morte. Vidas como a de Roque Dalton, o comandante Che Guevara ou Rosa Luxemburgo. Paco, sen dúbida, agacha con esas vidas paralelas a súa loita na procura do paraíso.Teoría do caos é a novela de madurez de Marilar Aleixandre, unha das nosas máis importantes narradoras, coidadosamente construída en forma de traxedia clásica e estructurada sobre tres planos que se van intercalando. Novela ambiciosa e aberta propón aos lectores múltiples lecturas do enfrontamento dialéctico de dúas xeracións e a confrontación de formas de entender o xeito de conquistar o paraíso, de recuperar a levidade, de vivir a vida.

224 pages, Paperback

First published October 1, 2001

1 person is currently reading
6 people want to read

About the author

Marilar Aleixandre

86 books25 followers
María Pilar Jiménez Aleixandre, nada en Madrid o 1 de maio de 1947, é escritora en lingua galega, tradutora, bióloga e académica de número da Real Academia Galega.

De avoas e avós andaluces, valencianos e madrileños, naceu en Madrid en 1947. Di sentir saudade dos sitios nos que viviu, Ceuta, Doña Mencía (Córdoba), e Madrid, pero dende 1973 reside en Galicia, onde adoptou o galego como a súa lingua literaria e se converteu nunha das escritoras galegas actuais con obra máis consolidada e recoñecida. É profesora da Universidade de Santiago de Compostela, onde ensina Didáctica das Ciencias Experimentais e Educación Ambiental, dende 1988.

O primeiro relato que escribiu, un conto sobre vampiros, foi o xermolo de Agardando polos morcegos. Logo viñeron A formiga coxa, a súa primeira novela de literatura infantil, e A expedición do Pacífico (Premio da Crítica de Galicia 1995).

Ademais de destacar como autora de literatura infanto-xuvenil tamén escribiu para adultos. Foi finalista do Premio Xerais de Novela en 1992 con Tránsito dos Gramáticos. En 1996 publicou o libro de relatos Lobos nas illas, sobre as difíciles relacións familiares, en 1998 a novela A compañía clandestina de contrapublicidade (Premio Álvaro Cunqueiro dese mesmo ano), e no 2001 Teoría do Caos (Premio Xerais 2001), unha novela ambiciosa e fragmentaria sobre como é posible traizoarse a un mesmo. Boa parte da súa obra narrativa está traducida ó castelán, portugués, catalán e vasco. En 2020 gañou o premio Blanco Amor por As malas mulleres.

Traduciu do inglés para o galego o poemario Muller ceiba (1996) de Sandra Cisneros, A caza do Carbairán, de Lewis Carroll (incluída na Lista de Honra do IBBY en 1997) e Harry Potter e a pedra filosofal, o primeiro volume da serie Harry Potter, no 2001, sendo ademais a responsable dos guións dos 14 capítulos da serie de banda deseñada Os Escachapedras, con ilustracións de Fran Bueno.

Como poeta participou en varias publicacións colectivas e nas actividades do Batallón Literario da Costa da Morte. En 1998 gañou o Premio Esquío co poemario Catálogo de velenos. En 2010 foi nomeada Socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Ten así mesmo colaboracións en diversas revistas sobre cultura e literatura: CLIJ, Festa da Palabra Silenciada, Dorna e El Signo del Gorrión. Así mesmo é autora de obras sobre o ensino das Ciencias.

Foi elixida académica de número da Real Academia Galega no pleno do 9 de xullo de 2016, pronunciando o 14 de xaneiro de 2017 o discurso de ingreso "Voces termando da paisaxe galega", respostado por Fina Casalderrey.

O 28 de marzo de 2017 foi escollida tesoureira da Real Academia Galega.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
0 (0%)
4 stars
3 (50%)
3 stars
3 (50%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
No one has reviewed this book yet.

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.