Jump to ratings and reviews
Rate this book

O curioso mundo das persoas normais

Rate this book
A nova novela de Xosé Monteagudo conta unha historia sorprendente, a dun home que pasa toda a súa vida pechado no cuarto dun hospital.

136 pages, Paperback

First published November 1, 2012

1 person is currently reading
2 people want to read

About the author

Xosé Monteagudo

7 books2 followers

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
1 (14%)
4 stars
2 (28%)
3 stars
4 (57%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 2 of 2 reviews
207 reviews
February 7, 2025
O CURIOSO MUNDO DAS PERSOAS NORMAIS. Xosé Monteagudo (Galaxia). 131 páginas (8/10)
Tomás é un enfermo nun hospital durante a guerra civil. Non pode levantarse da cama e, segundo os doutores, ten as suas facultades mentais alteradas, ten un pensamento moi infantil e interpreta todo en sentido literal. O certo e que na súa vida saiu do hospital e non coñece o mundo exterior
Non comprende que o doutor Regueiro, que lle trataba moi ben, o deixase de atender no hospital. Segundo puido enterarse o levaron e o mataron por ser roxo. Tampouco entende que o cura lle quera ensinar oracións e que as teña que saber de memoria. A maioría dos outros pacientes son soldados. As suas familias os van visitar pero apenas falan con Tomás. Hai un home de gravata que forza a que trasladen a Tomás da habitación que comparte co seu fillo. Él interpreta que levar gravata é a que fai falar palabras importantes. Tamén chegan feridos do bando republicano que por axudar a algún amigo levaron malleiras da garda civil e, o que é peor, poden non conseguir o pasaporte que precisan para emigrar a Arxentina. El pensa que ese papel o poden facer noutro sitio. Gustanlle os días de chuvia que pode ver pola fiestra, ao contrario dos visitantes que veñen ver os enfermos. Tomás nunca coñeceu a seus pais, a única figura paterna presente na súa vida foi o doutor Regueiro, a quen un día lle pediu se o podía levar como fillo a súa casa. Tampouco coñecía os animais mais alá das gaivotas que asomaban a fiestra e lle daban moito medo, por eso disfrutou moito cando un gato apareceu por uns días na habitación con permiso das enfermeiras. Co paso do tempo novas palabras aparecen e pensa que é unha maneira de falar para que él non comprenda. Termos como fútbol, radio, televisión son completamente descoñecidos para él ata que algún enfermo ou visitante permitelle coñecelos. Paracelle abraiante que alguén poda ser feliz por escoitar un xogo coma o fútbol por unha radio
Sor Natalia contalle que él apareceu nun berce na porta do hospital, acompañado dunha carta na que os pais, labregos, dicían que tiña algunha eiva que non lle permitía moverse e que tiña algún retraso mental. No hospital diagnosticarolle espina bífida e lixeiros trastornos mentais. Logo de 70 anos Arturo, o enfermeiro co que ten máis confianza, levao o fin de semana a súa aldea e aproveita para amosarlle o mundo exterior. Pode ver o mar e os avións despegando, pero todo dalle un pouco igual e o domingo xa desexa estar de volta no hospital
Unha asistente social indicalle que ten dereito a unha pensión e inicia a sua vida administrativa o que provoca a curiosidade dalgún xornalista e que o alcalde lle impoña unha medalla. Xa no final dos seus días unha enfermeira suxirelle que coa pensión merque un nicho. Termina os seus días con tranquilidade e durmindo a maior parte do tempo
This entire review has been hidden because of spoilers.
Displaying 1 - 2 of 2 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.