'Unha primavera para Aldara' é unha obra de teatro de Teresa Moure. A peza é un drama histórico ambientada nun mosteiro galego na segunda metade do século XV, no marco da Gran Guerra Irmandiña. Acadou o Premio Rafael Dieste e o Premio da AELG en 2008, e o Premio María Casares ó mellor texto orixinal en 2009. Foi levada a escena por Teatro do Atlántico, dirixida por Xulio Lago.
'Unha primavera para Aldara' desenvólvese nun mosteiro galego na segunda metade do século XV, no marco da Gran Guerra Irmandiña contra os abusos da nobreza feudal. Ata alí chega Don Nuno, un cabaleiro irmandiño ferido gravemente en batalla. As normas non permiten a presenza masculina no convento, mais Aldara, a abadesa, decide pór por diante a misericordia e acoller o forasteiro. Pero unha decisión como esta no convento serve como detonante dun enfrontamento de posturas entre as monxas que culmina cunha traizón.
Teresa Moure é professora na Universidade de Santiago de Compostela (Galiza). Autora polifacética, as suas obras vêm sendo distinguidas com diversos reconhecimentos, tornando-a a autora mais premiada da história da literatura galega, e foram traduzidas para distintas línguas europeias. No ano 2013 publica um artigo na imprensa que comove a sociedade galega expressando o seu sentir, comum a outras autoras e autores, sobre a necessidade de escrever em diante no Acordo Ortográfico para rejeitar a situação de anormalidade da literatura galega e a sua inclusão na literatura espanhola e fazer parte dum movimento internacional onde o galego seja visto como uma variedade dentro da língua portuguesa. Aparece nesse momento a sua primeira obra poética, Eu violei ao lobo feroz (Através Editora), de marcado carácter erótico e político, que seria acompanhada no tempo de mais romances e ensaios.