What do you think?

Tic Tac
Xa van dez anos dende que se publicara “Tic-Tac” por primeira vez, unha obra que o seu autor, Suso de Toro, definiu entón nalgunha entrevista cos epítetos”perturbadora”, “patética” e sinistra, e que supuxo un terremoto nas axitadas augas literarias galegas. A presente de Xerais, é a edición definitiva, revisada polo autor, dun texto que se converteu en clásico contemporáneo da narrativa galega. Un volume que inclúe, ao seu remate, o texto “Autopsia. (Epílogo á inglesa)”, preparado por Antonio Francisco Pedrós-Gascón, profesor de The Ohio State University, que constitúe un lúcido e esclarecedor estudo sobre toda a obra narrativa de Suso de Toro e sobre a trascendencia de Tic-Tac na conformación do corpus narrativo galego contemporáneo. “Tic-Tac” é unh “grande puzle”, como o define X. González Gómez, formado polas narracións orais ou escritas de Nano,ás que de cando en vez se engaden textos de terceiros, como Isidro, o seu irmán, ou supostos anacos de revistas, manuais (…) “Tic-Tac” é unha corrosiva obra moral que entra a dozura cómica e a acedume tráxica reclama o retorno á natureza, é o froito dunha conciencia descrida, unha conciencia moderna, que non pode aceptar os dogmas de fe e non busca presentarnos a “Realidade”, senón unha “realidade”: a de Nano, o peculiar personaxe principal e narrador da obra.
315 pages, Paperback
First published January 1, 1993
About the author
Suso de Toro
70 books27 followersXesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.
O seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.
É Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. É guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio, publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.
En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria.
Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi.

Ratings & Reviews
Friends & Following
Create a free account to discover what your friends think of this book!
Community Reviews
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
June 13, 2017
Un libro experimental que xoga con todo tipo de técnicas novedosas para crear microrelatos orixinais e sorprendentes. O libro estaba dividido nunha serie de seccións unidas por unha lixeira unidade temática; sen embargo esta era a única conexión entre eles. Todas as historias poderían lerse individualmente e por elas mesmas cobran sentido.
Experiméntase cos sons, cas repeticións, co xénero literario, co formato e a estrutura; para min non quedou ningunha faceta literaria sen xirar e voltear.
Cómpre resaltar a gran forza de algunhas historias que en menos de 5 páxinas conseguen deixar unha profunda consternación no lector.

January 8, 2023
Un hombre habla y habla. Lo que nos cuenta, con palabras torpes y frases ágiles, nos hace reír, pero es tremendamente serio y triste. Un libro paradójico y extraño como el delirio de un idiota, osado e implacable como una prédica calvinista, desesperado y sincero como las últimas palabras de un condenado e inútil como un libro de oraciones.
August 4, 2026
Lembroume un pouco a Agustín Fernández Mallo, aos Nocilla Generation, esa vontade de innovar, de experimentar, aínda que neste caso máis ancorado nunha realidade social concreta: a Galicia dos seus anos. Igual é o que ten a vangarda: esa vontade renovadora produce unha prosa fresca, pero tamén é inevitable preguntarse canto queda despois.
Displaying 1 - 3 of 3 reviews