What do you think?

Polaroid (Edicion Literaria)
Un rapaz de pantalón vaqueiro e cazadora de nailon negra vén camiñando do lado esquerdo, trae as mans nos petos da cazadora. A vella achégase ao rapaz cego, el ensínalle os números que ten. O rapaz da cazadora negra pasa xunta deles, pégalle un arrempuxón á vella e tíraa enriba do cego, colle a radiocasete e bota a correr. O de bigote cruza detrás do rapaz por entre os coches aparcados tras del. O rapaz corre. A muller do paraugas encarnado ponlle a cambadela e o rapaz cae coa radiocasete. O de bigote tírase enriba del. Do café sae correndo o camareiro coa bandexa, axúdalle ao de bigote, teñen collido o rapaz entre os dous, cada un por unha man
- GenresShort StoriesFiction
177 pages, Paperback
First published January 1, 1986
About the author
Suso de Toro
70 books27 followersXesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.
O seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.
É Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. É guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio, publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.
En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria.
Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi.

Ratings & Reviews
Friends & Following
Create a free account to discover what your friends think of this book!
Community Reviews
Displaying 1 - 8 of 8 reviews
May 5, 2024
Joder sinto que lle estou dando 3 estrellas a todolos libros de narrativa pero e que…
Os contos hai algún que está millor ca outros evidentemente, pero e que non entendo a distribución dentro do libro, entón iso frústrame!!!
Os contos hai algún que está millor ca outros evidentemente, pero e que non entendo a distribución dentro do libro, entón iso frústrame!!!
April 28, 2024
partindo do feito de que en toda colección de relatos hainos máis bos e máis malos, no seu conxunto gustoume moito e pareceume súper chulo
February 14, 2022
unha estraña colección de historias peculiares, unhas mellores e outras peores, pero todas teñen en común ese peculiar compoñente, de extraordinaria narración. A edición polo 25 aniversario da editorial xerais acompaña o texto, ademais, de fotos que lonxe de aportar un senso á narración, aínda a fai mais estraña.
May 5, 2024
Xa non viña con moitas expectativas a verdade, pois non tiña bo recordo de Suso de Toro. O libro en si está ben, non hai ningún conto que me encantase especialmente ou que poida destacar como mellor ca outros. Unha lectura fácil, pero que non me encantou.
April 1, 2025
Os relatos os hai tanto magníficos como algúns irrelevantes, pero o máis frustrante é a distribución dos contos
May 3, 2025
Encántame a oralidade destas instantáneas en forma de contos
May 24, 2025
bueno
June 7, 2026
sonche políticas todo
Displaying 1 - 8 of 8 reviews