Jump to ratings and reviews
Rate this book

Parado na tormenta (Ensaio)

Rate this book
O pensamento lúcido e sen pexas de Suso de Toro exprésase con contundencia e orixinalidade a través das páxinas deste libro. A tensión da imaxinación creadora amósase nos seus aforismos, a súa visión sobre a tradición literaria galega recóllese nos relatos que fai de autores coma Rosalía de Castro, Otero Pedrayo e Álvaro Cunqueiro e a súa capacidade crítica reflíctese na análise dalgunhas cuestións fundamentais da cultura galega, desde a lingua á imaxe de si mesmos que os galegos teñen interiorizada.

232 pages, Paperback

Published June 1, 1996

1 person want to read

About the author

Suso de Toro

73 books26 followers
Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.

O seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.

É Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. É guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio, publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.

En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria.

Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
1 (33%)
4 stars
1 (33%)
3 stars
1 (33%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
No one has reviewed this book yet.