Jump to ratings and reviews
Rate this book

A lingua estranxeira

Rate this book
Dous mozos pérdense por unha terra allea na procura dun antigo asentamento colonial. Mentres foxen dos incendios e buscan acubillo en hoteis perdidos na selva, unha fráxil intimidade xorde entre eles, sempre ameazada pola posibilidade de que cada palabra signifique o contrario do que parece. Esta viaxe é a porta de entrada a un mundo narrativo expansivo e único: un viaxeiro decimonónico que rexistra os albores dunha sociedade en cartas alén mar, unha parella que se le libros en alto para non mirar o que se aproxima e, como un coro subterráneo, un grupo de figuras espoliadas que esixen retornar. A medio camiño entre a crónica íntima e a novela histórica, pero sempre ancorada no noso precario presente político, A lingua estranxeira é unha novela sobre a arte e a restitución, sobre a sombra alongada da violencia colonial, sobre a linguaxe como forma de arruinar e recompoñer mundos. Unha obra polifónica e valente, sostida mediante a alternancia de catro liñas narrativas, que mestura tradicións para erixir, nas fronteiras da literatura, o país impuro dos sen-nome

300 pages, Paperback

First published January 1, 2026

Loading...
Loading...

About the author

Brais Lamela

2 books22 followers
Brais Lamela was born in 1994 and lives between Galicia and New York. He is a writer and PhD candidate at Yale University. His debut novel, What Remains (published in translation in the U.S. by Dorothy, a publishing project and originally in Galician in 2022 as Ninguén Queda) became the first Galician-language book to ever win the prestigious Ojo Crítico Prize, and was a book of the year for El País. It has been translated into Spanish, Catalan, and English.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
25 (40%)
4 stars
20 (32%)
3 stars
8 (13%)
2 stars
6 (9%)
1 star
2 (3%)
Displaying 1 - 10 of 10 reviews
Profile Image for Biel.
39 reviews13 followers
September 12, 2026
Postcolonialisme, bisexualitat, llengües, història de l'art, insomni... Aquesta novel·la tenia tots els elements per a encantar-me i així ha sigut.

Dels quatre fils que teixeixen la història, al principi em tirava molt el del viatge del protagonista i Carlos, amb eixa tensió sexual tan ben construïda. En canvi, a poc a poc la resta de veus emergeixen amb força: les cartes bellíssimes del colon, els somnis surrealistes de la historiadora, les converses quasi febrils dels amants insomnes. M'ha captivat la manera com escriu Lamela, que prescindeix conscientment de la majoria dels noms propis i construeix un joc literari en què text i imatges s'emmirallen i ressonen entre si.

Com a nota personal, és el primer llibre que he llegit sencer en gallec, una llengua que no he estudiat, però amb la qual m'he anat familiaritzant amb els anys, i m'agrada molt haver-me pogut aproximar a aquesta història en què es reflexiona tant sobre les llengües en l'idioma original.
Profile Image for Manuel Gil.
355 reviews64 followers
August 3, 2026
A lingua estranxeira vaise armando e articulando aos poucos, dende ese inicio que todo parece fascinante no que non terminas de entender, ata o punto final no que as partes encaixan (ou non exactamente) e todo se resume nunha foto. Un libro intelixente, cun galego moi medido que irradia un gran estilo propio. Pero se quedo con algo que resuma todo é o karaoke
Profile Image for Iria Gato.
29 reviews4 followers
August 31, 2026
A sensibilidade, o talento e a intelixencia de Brais escribindo tena moi pouca xente no mundo. Que marabilla.
9 reviews
July 11, 2026
Non podía parar de ler por ver se o narrador se liaba co Carlos e ao final decateime de que devorara un tratado de trescentas páxinas sobre a lingua e a colonización. Cinco estrelas.
Profile Image for Jorge Librito.
87 reviews15 followers
November 7, 2026
Cuando estuve en un pueblo de colonización en verano, me hice la pregunta de cuándo un colono deja de serlo para pasar a ser un habitante.

La lengua extranjera recoge esa pregunta que me hice, y que podía haber estado en No queda nadie, en este libro hermoso. Esa pregunta y mil más, sobre el lenguaje (el de los documentos, el de una pareja en duermevela, el de un escribano, el de las estatuas sin boca y sin origen certificado), sobre la vegetación que crea y condiciona el paisaje, sobre los resquicios y los errores foto y tipográficos, sobre lo comunicable, la narración, el recuerdo y el deseo.

Es una maravilla cómo teje los hilos dispares, ya lo hizo en la anterior, y cómo aúna lo íntimo con lo histórico en una cosa que se desenvuelve poquito a poco. Qué gusto de narrador-investigador de temas tan interesantes y profundamente humanos ❤️‍🩹
Profile Image for elen.
24 reviews1 follower
September 3, 2026
este libro foime levando devagar polo mesmo fío que tiraba el, ou ela: pola ciencia das orixes, da palabra, do concepto, da busca; atopando pequenos poemas ventureiros nas olladas dunha virxe soterrada, nunha gramática acuífera e nun tratado sobre a colonización que se vai construíndo, como a lingua propia, a base de dar voltas, suxerir preguntas e non nomear directamente nada do que se está a contar. marabillosa
Profile Image for Samuel.
30 reviews6 followers
August 4, 2026
É un libro fantástico! Recomendo 100%
Profile Image for Ana Arias Castro.
293 reviews10 followers
July 12, 2026
Lin estes últimos días A lingua estranxeira, a novela que acaba de publicar Brais Lamela en Galaxia despois dese Ninguén queda que tanto nos sorprendeu hai uns anos.

Todo un gusto ler esta novela que non é unha lectura para as présas senón que invita á reflexión. Un home e o seu guía van buscando chegar ao terreo da antiga colonia de Nova Galiza, un territorio colonizado por que os diferentes elementos poidan ter un sentido fóra da liña narrativa na que aparecen.

A lingua ou máis ben a dificultade nagalegos durante un breve período. Nesa viax comunicación é, como ben nos adianta o título, un elemento omnipresente ao longo de toda a novela. A dificultade de expresar o que un busca nunha lingua que non é a propia, o complexo de comunicarse, a fascinación polas linguas, propias e alleas, a dificultade de ensinar e aprender linguas porque naceron deseñadas para referir realidades non extrapolables. Tamén vemos a responsabilidade da tradución e da mediación na que a persoa ponte ten moito poder lingüístico nese trasvase de información.

Outro tema que permea toda a obra é a superioridade cultural asociada aos procesos de ocupación e aos expolios que consideran inferior ao elemento local.

Unha gran lectura para gozar e pensar!
Profile Image for Anxo.
14 reviews
July 9, 2026
Inmenso e abraiante. Adorei a tensión sexual entre os protas, as estatuas, a prosa super sensorial, a ironía dramática do escribán, as reflexións sobre a lingua, as digresións, o karaoke, a personaxe do Fotógrafo... e as últimas cincuenta páxinas, buah, e a foto do final, buah buah. Todo o tempo sentín que estaba a ler unha novela latinoamericana escrita en galego (not derogatory).
Displaying 1 - 10 of 10 reviews