Jump to ratings and reviews
Rate this book

Ás de bolboreta

Rate this book
Na «Luzada», a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d’As de bolboreta. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a nai adoptiva, que comparte varias horas co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas de 2005 no metro. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño...

225 pages, Hardcover

First published October 1, 2009

13 people want to read

About the author

Rosa Aneiros

28 books16 followers
Rosa Aneiros Díaz, nada en Meirás (Valdoviño) en 1976, é unha escritora galega.

Licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu actividade docente na Escola de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo e colaborou no programa da Radio Galega Un día por diante, así como en Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), El País, Grial, Fadamorgana ou Casa da Gramática.

É a guionista da curtametraxe O señor do telexornal realizado por Álex Sampaio, aínda que a súa actividade literaria está centrada no relato e, sobre todo, na novela. Con Resistencia recibiu o premio Arcebispo Xoán de San Clemente á mellor novela en lingua galega do ano 2002. En 2009 gañou o premio Xerais á mellor novela con Sol de inverno así como o premio Fundación Caixa Galicia ao mellor título de literatura xuvenil, con Ás de bolboreta, que así mesmo foi incluído na prestixiosa lista The White Ravens 2010. Obtivo tamén o Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia á mellor obra infantil e xuvenil do 2013, pola triloxía Ámote Leo A.

En 2019 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil con Xelís, o guieiro das botellas de mar da que o xurado destacou "a excepcional construción dun universo propio, habitado por unha rica galería de personaxes que se sitúan entre o fantástico e o real, para tratar a problemática actual da crise ecolóxica e da contaminación do plástico".

En 2019 traballaba no Consello da Cultura Galega.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
2 (5%)
4 stars
12 (31%)
3 stars
18 (47%)
2 stars
4 (10%)
1 star
2 (5%)
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
57 reviews
March 16, 2023
Non sei moi ben como describir este libro... parece que non pasa nada, cousas dun bar, e tal.
Pero logo hai situacións de todas as partes do mundo que acaban confluindo na taberna.
Déixase ler ben (aínda que ás veces algún párrafo de 3 páxinas paréceme excesivo).
5 reviews
June 16, 2023
Me ha costado engancharme al libro. Me resultó complicado entender las diferentes historias que se narran, y he tenido que sobrepasar la mitad del libro para comenzar a entender la relación entre todas ellas.
Profile Image for Lucía - Luza.
137 reviews
September 20, 2015
Lido en galego.

Na Luzada mestúranse trece historias dende puntos de vista moi distintos entre eles que nos fan reflexionar sobre a vida de cada un deles.

A verdade é que tiña moitas máis expectativas no libro; pero, aínda así, gustoume bastante e considéroo moi orixinal.

Esta recensión non destripa o libro. Podes continuar lendo aínda para quen non o lesen.

Cada unha das historias atópanse esparexidas polo libro sen ningunha orde lóxica, algo que fai da lectura algo non moi sinxelo porque tes que lembrar de cando en cando quen son os personaxes que fican no Luzada ou quen non. Ademais, non é unha soa historia por capítulo, senón que, paseniño, vanse contando as historias até o final; polo que é doado esquecer información.

Dáse moita visibilidade a temas que ás veces non vemos ou non desexamos ver e, sendo un libro feito para ser lido pola xuventude, agradécese moito. Ás veces a crueldade chega ata uns niveis que cres sentir o gume dun coitelo atravesandoche o peito, polo que considero moi salientable a frialdade coa que se escribiu o libro.

Se hai algo que non aturei foi a dificultade para entendelo. Sabendo que estamos a falar dun libro pensado para ensinar a realidade á xente nova, non entendo por que facelo tan complicado de entender. O mellor fose facelo fácil de ler para motivar aos mozos a dar luz a estes problemas. Eu, persoalmente, non din entendido a historia de Ana e Roberto.

Tamén, dáse moita más importancia a algúns personaxes (Patricia, Iqbal, os donos da Luzada e Manuel e máis o seu avó) que ao resto e, por máis que o intento, non dou visto o motivo polo cal estes son máis ca o resto.

E a todo isto engádese o feito de que o título do libro case non estea xustificado, algo que si que xan non lle atopo lóxica.

Aínda así, sinto que pode ser un bo libro para axudar aos adolescentes a non pechar os ollos.
Displaying 1 - 3 of 3 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.