Jump to ratings and reviews
Rate this book

Interferencias

Rate this book
Ela, María, traballa como fisioterapeuta na residencia Miguel Hernández, un centro privado de persoas maiores. Preparada para rehabilitar outros corpos, cansos e mallados, espíritos esgotados polo paso do tempo, ela permanece soa, tamén por dentro, onde doe, onde as viaxes son tan longas, tan pesadas e interminábeis. El, Xosé, profesor de Historia nun centro de ensino secundario, tamén só, leva un tempo agardando, mentres agoniza cada tarde de xaneiro.
Interferencias é a historia de María e Xosé, dous seres humanos que atravesan os camiños da vida como poden, persoas illadas, que se mergullan entre insospeitadas interferencias. Unha novela escrita nunha longa noite de pedra psicolóxica, que supón o agardado regreso á narrativa galega de Manuel Seixas, autor de A velocidade do frío, (Premio Xerais 1996) e Bailarina (1999), dúas novelas destacadas da fin do século XX.

144 pages, Paperback

First published September 1, 2015

2 people want to read

About the author

Manuel Seixas

12 books1 follower
Manuel García Seixas, coñecido como Manuel Seixas, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de xuño de 1961, é un mestre, escritor e músico galego.

Profesor de filosofía e valores éticos no IES A Basella de Vilanova de Arousa. Como músico foi membro do grupo Korosi Dansas, tivo un proxecto en solitario e actualmente forma parte de Neuroband.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
4 (26%)
4 stars
3 (20%)
3 stars
6 (40%)
2 stars
2 (13%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 2 of 2 reviews
Profile Image for niko.
199 reviews16 followers
April 6, 2023
Está ben e é entretido pero as partes nas que o chaval se pon a dar clase dan un pouco de vergoña allea.
Displaying 1 - 2 of 2 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.