O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro.
As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar.
Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo.
Francisco Castro Veloso, nado en Vigo o 27 de outubro de 1966, é un escritor e editor galego. En decembro de 2016 sucedeu como director a Víctor Freixanes á fronte da Editorial Galaxia.
Traballa desde hai anos como cronista cultural en varios medios galegos, e na actualidade na Editorial Galaxia. É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela coa que entra o lector no mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam, que publica Galaxia.
En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica O ceo dos afogados que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano.
En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado "Borobó despedido". Tamén neste ano publicou na colección Árbore de Galaxia a novela Chamádeme Simbad (Lista de Honra de IBBY 2012) e Premio Frei Martín Sarmiento 2011, e ao ano seguinte, a novela xuvenil, O segredo de Marco Polo.
A finais do ano 2010 foi nomeado presidente de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), cargo que desenvolveu ata finais de 2015. No ano 2011 publica unha novela para adultos titulada In Vino Veritas.
No ano 2013, a súa novela O corazón da Branca de neve resultou gañadora da 13 edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.
Xaime Toxo, Francisco Castro, Víctor Freixanes, Fina Casalderrey, Xesús Alonso Montero, na presentación de Unha ducia de galegos, en Pontevedra o 08/10/2017 En 2014 publicou a novela Tes ata as 10 e en 2016 Amor é unha palabra coma outra calquera.
En 2016 pasou a ocupar o cargo de director na Editorial Galaxia, sucedendo no posto a Víctor F. Freixanes.
Este libro es chulísimo!!! Realmente divertido (en algunas partes), duro (en otras) y precioso (en todas). De veras, no pensé que este libro me fuera a gustar tanto. No creo que el hecho de que el idioma de este libro sea gallego resulte un inconveniente. La historia es muy chula y de verdad, me ha cautivado. Lo recomiendo totalmente.
🏴☠️📚 Chamádeme Simbad 📚🏴☠️ Autor: Francisco Castro Ed. Galaxia Colección árbore ⭐⭐⭐✨ Dende que empecei a estudar galego hai un ano, gústame moito ler nesta lingua e compráceme ler libros para nenos e mozos pola súa sinxeleza (aínda non teño un alto nivel). O caso é que a miña primeira lectura en galego foi "Tantos anos de silencio" deste mesmo autor e encantoume, tamén tiven a oportunidade de participar nunha charla con el e pareceume unha persoa fantástica que me animou moito. para seguir co galego , riqueza cultural que debemos protexer. Esta historia cóntanos dun xeito tenro e a través dos ollos dun neno a triste realidade do alzhéimer, unha cruel enfermidade, e o que significa para os enfermos e as súas familias. Fermoso e paréceme ideal para que os máis pequenos coñezan un pouco a doenza. Grazas Francisco polas túas preciosas historias.
Desde hace un año que empecé a estudiar gallego me gusta mucho leer en esta lengua y en especial leer libros infantiles y juveniles por su sencillez (todavía no tengo mucho nivel). El caso es que mi primera lectura en gallego fué "Tantos anos de silencio" de este mismo autor y me encantó, además tuve la oportunidad de participar en una charla con él y me pareció una persona fantástica que me animó mucho a seguir con el gallego, riqueza cultural que debemos proteger. Esta historia nos cuenta de forma tierna y a través de los ojos de un niño la triste realidad del Alzheimer, cruel enfermedad, y lo que supone para los enfermos y sus familias. Hermosa y pienso que ideal para que los más jóvenes conozcan un poco la dolencia. Gracias Francisco por tus preciosas historias.
Premio ao mellor libro infantil 2009 outorgado polos lectores da web Fervenzas Literarias, premio Frei Martín Sarmiento 2011 na categoría de 1º e 2º da ESO e seleccionado para a Lista de Honra do IBBY 2012 na modalidade “escritores”. E, é que, non é un libro infantil calquera. Francisco Castro presenta varias frontes nesta obra, onde o tratamento da enfermidade do alzhéimer é a base dos seus cimentos.
Comezando pola narración, Paulo é o encargado de contar e interactuar co lector. Un punto de vista que se torna difuso de igual maneira que a incomprensión do pequeno ante a situación que se está a vivir na súa casa e que fai máis reais todas e cada unha das páxinas.
Antes de tratar o tema central, convén facer unha análise do comportamento do pai da novela. Ao longo da obra, Paulo non cesa de mostrar a indiferenza do seu proxenitor cara á enfermidade do avó, a falta de empatía coas tarefas de coidado que desempeña a súa muller, a pouca educación á mesa… E, é que, preséntasenos ao pai desastre do ano, un home que vive por e para o seu traballo. Ansioso polo ascenso que está a anhelar durante anos, é incapaz de despegarse do móbil, que non para de perturbar a paz do fogar e que, por se non fose suficiente, sitúa aos familiares en varios chanzos por debaixo das súas obrigacións. “Meu pai esquécese de que existo ás veces. Ou de que existen mamá ou o avó”, expresa o protagonista. Por non falar do desprezo cara ao seu propio proxenitor, enfermo. Como afecta este comportamento no desenvolvemento do menor?
Por outra banda, é interesante como o autor mostra todas as fases do alzhéimer. Aos ollos dun neno de dez anos, esta terrible enfermidade converte ao seu avó nun igual, nunha persoa á que amar incondicionalmente e coa que xogar sen importar as consecuencias. “Case que todos os rapaces de dez anos que coñezo non son nin a metade de divertidos que o meu avó”, di nunha ocasión. Con todo, Paulo sabe que algo non marcha ben co seu Capitán. E un suceso terrible faralle comprendelo en primeira persoa.
O azhéimer ten as súas fases, os seus momentos. O Capitán dos Sete Mares é consciente diso. Ante as duras palabras que escoita día tras día, decide tomar unha drástica decisión. Medorento de facer dano ao seu neto, marcaralle o camiño cara á verdade. Os filibusteiros aínda existen e están entre todos nós esperando o momento adecuado para facerse co control das nosas vidas. Unha loita contra o egoísmo, contra o abandono, contra as mentiras.
Se trata del libro de lectura de 5° y es un libro que gusta a los alumnos y que es de lectura fácil. Toca temas sensibles como las enfermedas degenerativas en personas mayores y conflictos familiares, pero lo hace con tacto y haciendo reflexionar al lector/a.