Encantoume o prólogo do tradutor. Entras na súa intimidade, no seu piso da Coruña, nos veráns que lle levou o traballo de Die Nordsee, que deberon de ser de carallo, ou cando atopou o libro por primeira vez en Heidelberg nos 80. Creo que pasa a ser o meu prólogo favorito de todos os tempos, case sentes o sol poñéndolle o moreno camionero mentres decide que linguaxe, que galego dentro do romanticismo galego, casa mellor co bo de Heinrich.
Despois o poemario, psé, hai un poema que me molou, ao porse ao sol, pero despois, joder, empregar metáforas do Mediterráneo, da mitoloxía grega etc ... para falar do Mar do Norte é de non ser ben guiado! A potencia, o furor do Mar do Norte non merece iso, non? Merece unha poesía de seu.
Despois trazar un proto-comunismo nos poemas só porque o autor era colega de Marx pareceme moi heavy, polo ano, 1826, e porque ao lelos eu so me quedo cunha louvanza aos valores do cristianismo, punto. Os que defenden tal cousa paréceme que mexan un pouco fóra do caldeiro, pero todo pode ser.
En definitiva, lectura que ou non entendín ou non me encheu pero cun prólogo honesto e fermoso coma o verdadeiro mar do norte batendo nos chiringuitos do pinar de Cabanas, Pontedeume.