Jump to ratings and reviews
Rate this book
Rate this book
Catro rapaces inician as súas vacacións na Illa de Ons. Mais o primeiro día, un arrepiante descubrimento na praia converterá o seu verán nunha aventura trepidante e inesquecíbel...

163 pages, Paperback

First published October 1, 2015

2 people are currently reading
44 people want to read

About the author

Carlos Meixide

21 books7 followers
Carlos González Meixide, nado en Vilagarcía de Arousa en 1977, é un escritor, xornalista e humorista galego.
A súa primeira obra foi o libro infantil A Miragaia, publicado en 2004. Coa súa primeira novela participou en varios concursos literarios, chegando a obter unha mención especial no Premio Blanco Amor.
Nas súas achegas ao campo audiovisual cómpre salientar a curtametraxe O meu nome, o meu mundo, que en 2001 participou no Festival de Cinema e Vídeo de Nova York; ou o seu labor no programa Onda Curta, centrado nas curtametraxes, que emitiu a TVG.
Como humorista integra o dúo musical Os da Ría con Tomás Lijó.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
11 (18%)
4 stars
16 (26%)
3 stars
23 (38%)
2 stars
10 (16%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 8 of 8 reviews
Profile Image for Laura.
193 reviews17 followers
December 3, 2022
Quen non lembra os Hollister, ou Os Cinco, ou o Pakto? Éranche un pouco carcas, porque era outra época, pero eran aventuriñas que se deixaban ler a mar de ben. Que tempos aqueles!
Así que ao enterarnos de que Carlos Meixide tiña unha serie nesa liña (e en galego!) da que xa leva cinco volumes (Ons, Cans, Guitiriz, Arousa e Portugal), non resistimos facernos con ela para o noso cativo.
A el gustáronlle ben, así que conste en acta que esta reseña amosa tan só a opinión dunha lectora quizáis avellentada de máis para o título que tiña entre mans.
Pero non por iso vou deixar de facer a miña valoración (adulta, aburrida e tiquismiquis).

Os personaxes dos rapaces están moi ben, é unha visión máis moderna da adolescencia. Chocan porque unha estaba pensando naqueles títulos doutra época, e estes rapaces son dos que "morrean". E andan arredor de adultos que se emborrachan, ou que fuman porros. Non era o que esperaba, pero sorprendeume moi positivamente: creo que son personaxes atractivos para lectores actuais.

Logo están os personaxes secundarios. Planos e estereotípicos, como non pode ser doutro xeito nunha novela curta e sinxela de puro entretemento. Pero ben creados, interesantes.
A pandilla que anda a berrar todo o rato (pero aos que non poñemos nin cara nin nome) son xeniais.
Os madrileños, remedo satírico, foron quizáis os que menos me gustaron: o problema foi que non chegaron a facerme gracia, non rin nin con eles nin deles. Mal menor en calquer caso.

E logo cal foi o meu problema con esta obra?
O primeiro que lle faltou intriga, polo que o desenvolvemento da historia foi demasiado lineal.
O segundo, que a historia carecía de credibilidade.

Xa o sei, xa o sei, non tiña que ter lido un libro para adolescentes se non podo tolerar algunha simpleza dese estilo. Pero éche o que hai.
Así e todo penso seguir lendo a colección. Porque este foi un libro correcto, e igual o próximo me gusta máis. Sobre todo se non me fai sentir tan vella!
Profile Image for Lara.
407 reviews14 followers
November 7, 2023
EDIT IMPORTANTE: non sei se quitar o rating deste libro ou que, pero non sinto que poida recomendar esta saga (ou polo menos ata onde cheguei, o 2º libro). nestes libros hai algúns comentarios inapropiados a Roi (de 15/16 anos), sobre o bo que está, os músculos que ten e que meu deus o sexy que é. aínda que me parecía raro non considerei darlle moita importancia, é común que obras para adolescentes representen de forma estraña a sexualidade e o desexo dos personaxes. porén, despois de ler outro libro seu firmado con seudónimo (explico máis nesta reseña), non podo ver isto como incidentes illados. non vou continuar coa saga. na miña cabeza Suso, Roi e Anabel rematan xuntos e moi felices, grazas.

pois este é un deses libros dos que gostei máis do que esperaba.

aínda que é un misterio, a trama en si mesma é bastante lineal. o meu desfrute deste libro débese a dúas razóns: no inicio, á incompetencia dos adultos, que producía escenas realmente cómicas (non podo parar de pensar no "me ha vencido el cefalópodo" xddd). logo, despois de pasar todas as cousas que teñen que padecer os protagonistas (porque a cousa non é lixeira), sentín unha gran conexión con eles. no inicio non sentía que fosen personaxes especialmente ben construídos, mais co paso das páxinas é visible que cada un ten unha personalidade propia e ben marcada. quéroos moito a todos, pero creo que, por agora, a miña favorita é Anabel.

realmente quedei con ganas de ver como lles va na seguinte entrega.
6 reviews
January 15, 2026
Ons, unha novela de Carlos Meixide, conta a historia na que uns rapaces pasan o verán na illa de Ons, pero algo ocorre nunha das súas praias que converterá todo nunha aventura inolvidable.

Unha das cousas que máis me gustou despois de ler este libro, foi o contraste dos personaxes. Por unha banda, están os catro amigos protagonistas desta obra, Suso, Roi, Anabel e Fátima, que experimentan por primeira vez amor e amizade, á vez que investigan o ocorrido baixo o perigo do que lles podería pasar se se descobre o que andan a facer. Polo outro lado, están os donos do bar, que ofrecen distintas visións, o matrimonio madrileño que ofrece unha descrición humorista dos turistas estranxeiros en Galicia, e outros personaxes imprescindibeis para o discorrer da historia, como o avó de Roi, Venancio, a fareira ou Rula, a cadela.

Non obstante, tamén hai cousas que non me gustaron. Dende o meu punto de vista, o desenvolvemento da historia foi moi curto e quedaron moitas cousas relevantes sen explicar.
Ademais, a trama foi moi simple, non tiña xiros inesperados, dende un inicio sábese a información clave para destapar a realidade sobre o caso.

A pesar de todas estas cousas, este libro estivo entretido: a trama principal era continua, é dicir, as cousas ían ocorrendo unha a unha, aínda que non se presenten xiros de guión. As historias secundarias, tamén me gustaron moito, algunhas eran moi graciosas, e outras interesantes ou incluso emotivas.

Se estás interesado/a en introducirte nos libros de misterio, esta novela podería ser unha boa opción. Anímaste?
Profile Image for Ali CG.
13 reviews
February 22, 2023
Me parece una historia demasiado predecible, con mucho relleno y a veces difícil de leer. Cuando lo ves tan corto piensas que va a ser una lectura ligera, tal vez para sacarte de un bloqueo lector, pero que va. Tenía que parar de leerlo cada dos capítulos o así y no lo hubiese terminado si no fuese un libro para el club de lectura. Esos intentos de chistes tan rebuscados y esa imitación de como hablan los adolescentes o la gente de otros sitios me parece pésima, porque se nota un intento cómico fallido. Libros de 300 páginas se me hicieron más cortos, sinceramente.
Profile Image for Moisés.
271 reviews23 followers
January 9, 2016
Divertiume, aínda que non tanto como "Primavera" e "O home inédito". Ao meu ver, o máis frouxo é a trama, que é moi unidireccional e ás veces parece que lle falta un xiro, algunha sorpresa. O mellor son os secundarios de luxo: a parella de madrileños comentando "as cousas" dos galegos (ao estilo do personaxe de Evaristo Calvo en "Air Galicia") e, especialmente, a pandilla de San Cibrao, coas súas gloriosas aparicións berradas. Tamén me gusta como están contados os fervores dos rapaces e rapazas protagonistas.
Displaying 1 - 8 of 8 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.