María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina.
María Solar naceu e vive en Santiago de Compostela. É presentadora do programa A revista fin de semana da TVG. Licenciouse en Xornalismo e Bioloxía ademáis de ser diplomada en Maxisterio e ter o título de Especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. A súa actividade profesional sempre se centrou no xornalismo e ten unha longa traxectoria en radio e televisión. Na Radio Galega presentou e dirixiu durante oito anos o magacine As tardes da Galega e na TVG presentou diversos programas de todos os xéneros como o cultural Zigzag Diario, Ciencianosa, En pé de festa, Arrampla con todo ou Os directos da Galega, entre outros. Ademais foi actriz de dobraxe.
Como autora, céntrase no público infantil. Ten publicado entre outros 'O Fillo do Pintamonas' (Tambre, 2010), 'Boa Sorte' (Baía, 2008), 'O tempo do revés' (Baía, 2008) e os libros divulgativos 'O libro do noso mar' (Lea, 1999), 'Ecoloxía na aula' (Lea, 1998).
No ano 2014 alzouse co Premio Lazarillo polo seu libro 'O meu pesadelo favorito'
3/5⭐ A verdade non tiña moitas expectativas con iste libro xa que era moi cortiño, pero gustoume bastante! A idea dos séculos distintos pareceume orixinal é moi interesante, resultoume moi útil para enterarme de todo o que había pasado. Podría decirse que houberame gustado unhas páxinas máis, quedeime con ganas de máis libro e máis acción. Nótase moito o traballo de documentación da autora, e tamén soubo utilizalo. Lino en unhas escasas horas, é moi lixeiro e ameno, recomendoo se buscades unha lectura rápida e fácil!
«As meigas de Lupa» es una fantasía juvenil que bebe del trasfondo histórico y cultural gallego. Partiendo de la leyenda de la Raíña Lupa, la autora crea toda una historia mágica familiar que nos transporta adelante y atrás en el tiempo; para, en apenas 100 páginas reales, irnos desvelado un secreto que se ha guardado durante veinte siglos.
Una novela muy amena que me ha encantado leer en el gallego original.