Jump to ratings and reviews
Rate this book

Tártarus

Rate this book
Na cidade de Audierna os distritos ricos están reservados para os güendos e os pobres para os mallumás, dúas comunidades afastadas polo odio e a discriminación. Unha güenda, Guiomar, lembra as clases de klavia recibidas durante a súa adolescencia na casa da Mastrina Xaovén, unha vella profesora de música. A inicialmente difícil relación coa súa mestra cambia cando a Mastrina lle propón un trato: contaralle unha historia a cambio de que Guiomar aprenda a tocar a klavia. A partir de entón, despois de cada clase, a Mastrina nárralle unha fantástica aventura que comeza cando Átika, unha rapaza güenda, asiste de incógnito a un concerto nun distrito mallumá. Átika perde o tren de volta á casa e vese na obriga de ir canda Fuco, un neno da rúa empeñado en saber por que a cidade está inzada de alacráns. As súas pescudas lévaos a descubrir a existencia dun mundo soterrado, Nigrofe, onde un gran perigo ameaza con destruír todo canto coñecen.

248 pages, Paperback

Published February 1, 2016

4 people want to read

About the author

Antonio Manuel Fraga

18 books36 followers
Antonio M. Fraga é un escritor galego nado en Pontedeume en 1976.
Estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol, mais a vida teimaría por levalo cara ao eido das letras.
Xa asentado no coruñés barrio de Monte Alto, en 2013 gaña o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra "O Castañeiro de Abril" (Xerais).
Posteriormente publica outros títulos dirixidos ao lectorado infantil e xuvenil, tales como "No corazón da balea" (Tambre-Edelvives), "Papá caníbal" (Xerais), "Ningunha estrela levará o meu nome" (Oqueleo), "Como escorrentar un lobo" (Cuarto de Inverno) ou "Mica, Cuarzo e Feldespato" (Triqueta Editora).
En 2015 gaña o I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica coa novela "Querido H.P. Lovecraft" (Urco Editora), obra pola que consegue tamén o Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria en 2017.
En 2018 gaña o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, convocado polo Concello de Pontevedra, con "O bestiario científico de Anxos Nogueirosa" (Xerais), acadando con esta mesma obra o Premio da Gala do Libro 2019 á mellor obra xuvenil. En 2022 foi incluída da Lista de Honra IBBY do ano 2022.
No ano 2020 gaña o XII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, convocado por Edicións Xerais de Galicia, coa obra "santoamaro", novela seleccionada na lista White Ravens de 2021 elaborada pola Internationale Jugendbibliothek de Múnic e que tamén foi distinguida co Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Xuvenil do ano 2021.
Con "Askja" (Xerais, 2025) consegue o Premio Literario Pinto e Maragota, que ten como finalidade eliminar os prexuízos e as invisibilidades que afectan a diversidade sexual e de xénero.
Algúns dos seus títulos foron traducidos a idiomas como castelán, inglés, catalán ou eúscaro.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Antonio M. Fraga es un escritor gallego nacido en Pontedeume en 1976.
Estudió Ingeniería Técnica Industrial en Ferrol, pero la vida se empeñaría en llevarlo hacia el campo de las letras. Ya asentado en el coruñés barrio de Monte Alto, en 2013 gana el Premio Merlín de Literatura Infantil con la obra "O Castañeiro de Abril" (Xerais).
Posteriormente publica otros títulos dirigidos al público infantil y juvenil, tales como "O capitán Maimiño" (Tambre-Edelvives), "Papá caníbal" (Xerais), "Ningunha estrela levará o meu nome" (Oqueleo), "Como escorrentar un lobo" (Cuarto de Invierno) o "Mica, Cuarzo y Feldespato" (Triqueta Editora).
En 2015 gana el I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica con la novela "Querido H.P. Lovecraft" (Urco Editora), obra por la que consigue también el Premio de la Crítica Galicia de Creación Literaria en 2017.
En 2018 gana el I Premio María Victoria Moreno de Literatura Juvenil, convocado por el Concello de Pontevedra, con "O bestiario científico de Anxos Nogueirosa" (Xerais), alcanzando con esta misma obra el Premio de la Gala del Libro 2019 a la mejor obra juvenil. En 2022 fue incluida de la Lista de Honor IBBY del año 2022.
En el año 2020 gana el XII Premio Jules Verne de Literatura Juvenil, convocado por Edicións Xerais de Galicia, con la obra "santoamaro", novela seleccionada en la lista White Ravens de 2021 elaborada por la Internationale Jugendbibliothek de Múnich y que también fue distinguida con el Premio Follas Novas al Mejor Libro Juvenil del año 2021.
Con "Askja" (Xerais, 2025) consigue el Premio Literario Pinto e Maragota, que tiene como finalidad eliminar los prejuicios y las invisibilidades que afectan a la diversidad sexual y de género.
Algunos de sus títulos fueron traducidos a idiomas como castellano, inglés, catalán o euskera.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
4 (80%)
4 stars
1 (20%)
3 stars
0 (0%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
No one has reviewed this book yet.

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.