Unha novela innovadora, que trasladou en 1965 á narrativa galega os postulados modernos do Nouveau Roman francés. A orella no buraco é o relato do vagar dun personaxe marxinal por unha cidade europea. Pero ademais diso é un experimento formal na busca da renovación da literatura do país e do seu achegamento á modernidade eu ropea do momento. Esta é unha das máis importantes novelas do que foi a Nova Narrativa Galega, que deu novos folgos ás nosas letras nos anos sesenta.
Escritora, ensaísta, tradutora, activista, directora da revista Festa da palabra silenciada e pensadora feminista, é unha das autoras máis relevantes e influentes.
Foi nomeada Socia de Honra da AELG e recibiu premios como a Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), Premio Irmandade do Libro (2013) e Premio da Cultura Galega (2016).
O esforzo renovador da novela é brutal. Ademais, paréceme un texto importante para comprender o desenvolvemento da escrita feminina galega (a autora protagoniza a incorporación das mulleres á literatura galega na segunda metade do século XX). Non obstante, a lingua non é moi fluída e costoume seguir o fío por ese motivo.
Din que tiña a manía dos bancos… Lino todo do tirón. A verdade eq me gustou moito, como escribe e como che vai contando todo pouco a pouco. Non me esperaba que fose ser así, a verdade que unha grata sorpresa. Deume moita peniña o home. Moi existencialista. Volvería lelo.