Unha parella holandesa en crise viaxa a Compostela. Ese é o punto de partida que posibilita unha fervenza de acontecementos, marcados por situacións e vivencias que nos levan lonxe ou preto, tanto no tempo coma no espazo segundo teña a ben a libérrima voz narrativa que goberna a novela. E é ben que así sexa porque Inge e Robbie precisaba desa liberdade creativa para ser o que é: unha novela divertida, crítica, áxil, chea de contrastes e que nos fai viaxar, como Conrad fixo, ao corazón da escuridade, nesta ocasión de Compostela e, nalgunha medida, ao de todas as persoas que a lemos.
Carlos González Meixide, nado en Vilagarcía de Arousa en 1977, é un escritor, xornalista e humorista galego. A súa primeira obra foi o libro infantil A Miragaia, publicado en 2004. Coa súa primeira novela participou en varios concursos literarios, chegando a obter unha mención especial no Premio Blanco Amor. Nas súas achegas ao campo audiovisual cómpre salientar a curtametraxe O meu nome, o meu mundo, que en 2001 participou no Festival de Cinema e Vídeo de Nova York; ou o seu labor no programa Onda Curta, centrado nas curtametraxes, que emitiu a TVG. Como humorista integra o dúo musical Os da Ría con Tomás Lijó.
Paseimo teto, agora, quedeime con que con menos mellorarìa, riscando liñas. Nas primeiras 50 páxinas aborrecín que me explicase o chiste, e non foi unha nin duas veces, ou que na introducciòn me contase o que se quería experimentar no libro, xa o lerei ou?
Iso si ìame partindo o follado a cada pouco, e cara ao final, cando se conta o que viviu Robbie esa noite, ..., calquera cousa de Robbie en xeral, mexìn por fòra. E penso que a partir de aì o libro xa deixa ao lector libre, a seguinte liña non busca explicar a anterior. Foi coma collendo carrerilla e dabuti. Recupera a cuarta estrela.
A relaciòn que me amosa è moi didàctica e pouco enlamada. Vale esta frase? Bueno engado como excepciòn unha mirada contra o final que lle bota Robbie a Inge. Iso foi moi classic. Pero adorei a uns personaxes doutro plano, que eu non recoñezo no meu dìa a dìa, agàs no meu dìa a dìa de por dentro, o da procesión por dentro.
Un artefacto estraño e divertido. Ten partes que rozan o esperpento (esa noite de marcha nacionalista en Compostela, ou o retrato robot da emigración galega en Centroeuropa...). Pero o retrato da crise de parella á media idade faise recoñecible e verídico (as camas de 1,50 como metáfora). Lese axiña, lese ben (mágoa dun pouco máis de coidado coa norma lingüística nalgunhas pasaxes) e é divertida. Oxalá puidese dicir iso de todo o que leo!
Sin ser un gran libro, puede ser una lectura divertida para todas aquellas que disfrutamos de los años universitarios en Compostela, pues los personajes se mueven por todos los lugares míticos de la ciudad. Además, con un sentido del humor muy "retranqueiro", muy de aquí, refleja también la idiosincrasia gallega (la buena y la mala).
É o segundo libro que leo do autor e pasoume o mesmo que co primeiro: engancheime ante un retrato xeracional no que hai moitos lugares comúns. Desta foi un paseo por Compostela en maio, nas festas da Ascensión. Gustoume moito pero quero máis, Porto, Santiago, teremos outro lugar común o autor e máis eu?