Jump to ratings and reviews
Rate this book

Risco segundo Risco

Rate this book
Risco segundo Risco non é unha entrevista ao uso nin propiamente unha extensión do xenuíno xénero xornalístico.
En realidade, o intercambio de puntos de vista e valoracións do universo risquiano ocupou permanentemente os anos da fonda amizade entre Antón Risco e Arturo Lezcano, contertulio e admirador de Vicente Risco. Cando este último concibiu a idea do libro, artellou un resumo das longas e constantes conversas, artigos e outros traballos xornalísticos e literarios, e pasoulle as preguntas finais ao seu interlocutor, que trouxo as respostas escritas desde o Canadá, e daquela procederon a lle dar forma definitiva. Nunca mediou a gravadora. Soamente, ao final, Antón Rixco e Arturo Lezcano sentaron nunha cafetería de Compostela e deixaron rematado este texto.
O resultado é un libro no que aparece un Risco (Vicente) visto por outro Risco (Antón): non tanto un libro no que un fillo fala do seu pai como un texto no que un escritor trata de interpretar a outro escritor desde unha perspectiva privilexiada.

124 pages, Paperback

Published January 1, 2013

About the author

Antón Risco

26 books1 follower
Fillo de Vicente Risco e Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid, exerceu a docencia na Universidade de Toulouse, onde estivo en contacto con republicanos e exiliados do franquismo. Logo dunha estancia en Oregón, en 1964 asentouse en Quebec, acadando a praza de catedrático de lingua castelá e portuguesa na Universidade de Lavale. Trala súa xubilación regresou a Galiza, onde morreu por mor dun cancro.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
0 (0%)
4 stars
0 (0%)
3 stars
1 (100%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
No one has reviewed this book yet.

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.