m-Talá, o novo poemario de Chus Pato, é un libro descomunal, un libro magnífico, un deses libro que deixa para sempre a súa pegada na literatura para á que se escribe. Desde unha recoñecida e consolidada traxectoria literaria, Chus Pato achéganos, a través de m-Talá, unha proposta poética inovadora, que transgrede. En m-Talá rómpese co poema tradicional, aténtase contra ese eu lírico que con frecuencia se confunde coa voz do poeta. m-Talá asume que o poeta é un ente ficcional e faino desde todos os xéneros, desde todos os significados, incorporando o teatro, o diálogo, a narración ou o pensamento como parte do propio poema. m-Talá constrúese desde a superación das catástrofes, desde o poema que se ergue no tempo do sublime e renuncia ó tempo da catástrofe (ese en que o poema nace na revelación e morre na catástrofe porque é apocalipse). m-Talá é un libro postmoderno, que se achega a outros xéneros para incorporalos, e o poema defínese pola capacidade de asignificar e asumir dentro de si todos os significados posibles. m-Talá constrúe a súa propia linguaxe, desde a que fala e sobre a que reflexiona.
Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1973), fixo traballos de investigación na súa especialidade como O movimento obreiro na provincia de Ourense. Exerce como profesora de ensino secundario (Xeografía e Historia) no IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín. Pertence a varias agrupacións tanto de índole literaria (o PEN Club) coma político-social (Redes Escarlata). Foi cabeza de lista da Frente Popular Galega pola provincia de Ourense en varias ocasións. Foi elixida académica de número da Real Academia Galega no pleno do 5 de novembro de 2016.[1]