Jump to ratings and reviews
Rate this book

A fiestra valdeira

Rate this book
Don Miguel é un mariñeiro, xa retirado, que volveu adiñeirado da emigración no Brasil. Encárgalle a un pintor que lle faga un retrato, no que aparece a fiestra. No cadro vese o ambiente mariñeiro da vila, mais a súa muller prefire que apareza de fondo unha paisaxe máis señorial, coma o dos xardíns dun pazo. Ela quere renegar do pasado mariñeiro do home para aparentar unha riqueza vedraña e facilitar as relacións sociais da súa filla, mais don Miguel séntese orgulloso das súas orixes.

108 pages, Paperback

First published January 1, 1927

2 people are currently reading
46 people want to read

About the author

Rafael Dieste

41 books7 followers
Rafael Francisco Antonio Olegario Dieste Gonçalves, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1899 e finado en Santiago de Compostela o 15 de outubro de 1981, foi un escritor republicano galego do exilio, que pertenceu á chamada Xeración de 1925.
Cos seus contos e pezas de teatro, entre as que destacan «A fiestra valdeira» (1927) e «Dos arquivos do trasno» (1926), tentou modernizar o sistema literario galego afastándoo do ruralismo.
Atribúeselle en boa parte a creación do denominado Teatro Nacional Galego.
Dedicóuselle do Día das Letras Galegas de 1995.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
18 (11%)
4 stars
46 (29%)
3 stars
62 (39%)
2 stars
25 (15%)
1 star
6 (3%)
Displaying 1 - 8 of 8 reviews
Profile Image for Paula Seoane.
14 reviews
November 23, 2024
Dieste non decepciona.

Unha comedia en tres lances que che deixa coa mesma sensación que un ten cando mira o horizonte do mar. Nela, Dieste aborda unha serie grandes temas (identidade, migración, a clase social...) a través de algo tan aparentemente sinxelo coma a acción (e si, digo ben, acción) de pintar un cadro. Gustaríame destacar a reflexión que se desprende sobre a arte como mecanismo de cohesión social, como símbolo da colectividade. É absolutamente fermoso como os mariñeiros se van recoñecendo no cadro, dende ese primeiro señor Baldomero que di: son eu! ata como se rompen as fronteiras de clase Don Miguel/mariñeiros nese -Direi: nosa, nada mais a favor dese sentimento de colectividade. Por non falar do potente da imaxe da fiestra valdeira e como se constrúe o relato ao seu redor. Os mariñeiros mutilan o cadro, collen a fiestra e lévana porque considerana como propia, dando a entender que Don Miguel xa non é parte dese nós, o que afecta a don Miguel, deixándoo co: e logo quen son eu? Con que pode encher esa fiestra se non é co mar?

Comentar, neste fluír de ideas (que non deixa de ser outra cousa que algo para acordarme da obra despós) a figura de Adelaida, como unha nena rica que renega dese pasado aparentemente deshonroso e vergoñento que evolúe ata a preciosa reconciliación nesa escena onde mira a ventá e vírase "mariñeira". Apuntar tamén que o seu pretendente ao abrazar esta condición, non quere volver saber nada máis dela.

En fin, gustoume moito. Non sei que me pasa a min cos rianxeiros, pero a verdade e que me deixam un caloriño no peito coma poucos outros.
Profile Image for suspirosdepalabras.
177 reviews
April 13, 2022
Holaaa! Qué tal estáis?? 💚
Me paso por aquí para comentaros una de mis últimas lecturas: A fiestra valdeira, de Rafael Dieste🪟
Antes cabe aclarar que la obra es en gallego 🥰
•Sinopsis:
Don Miguel é un mariñeiro, xa retirado, que volveu adiñeirado da emigración no Brasil. Encárgalle a un pintor que lle faga un retrato, no que aparece a fiestra. No cadro vese o ambiente mariñeiro da vila, mais a súa muller prefire que apareza de fondo unha paisaxe máis señorial, coma o dos xardíns dun pazo. Ela quere renegar do pasado mariñeiro do home para aparentar unha riqueza vedraña e facilitar as relacións sociais da súa filla, mais don Miguel séntese orgulloso das súas orixes.
•Opinión (sin spoilers):
Esta es la primera vez que leo algo de Rafael Dieste, y la verdad es que tenía ganas.
A fiestra valdeira es una obra de teatro muy corta y que se lee muy rápido y fácil, por lo que es una lectura bastante ligera, aspecto que me ha gustado 🥰
Sobre los personajes, me ha encantado que el protagonista, don Miguel, defienda sus raíces en un primer momento 😍
Pero en sí la obra no me ha supuesto un cambio en mi vida ni nada, ha estado bien, pero no es la obra del año.
Es por ello que le doy ⭐⭐⭐
3/5
Vosotrxs lo habéis leído?? Lo vais a leer?? Os leo!!
.
.
.
#afiestravaldeira #rafaeldieste #bookstagramespañol #booklover #bookstagramespaña #bookstagram #bookstagrammer #bookstagramgalicia
Profile Image for greenleprechaunbooks.
26 reviews1 follower
March 10, 2022
Unha das mellores obras de teatro galegas que lin. Aínda que a tiven que ler para a universidade, esta obra pilloume no momento perfecto para lela. De verdade que ao acabala sentín unha mestura de felicidade e tristeza que non me esperaba. A temática e esa mensaxe que transmite sobre como a arte está aí para mostrar a nosa esencia propia así como a loita de Don Miguel para deixar ir o seu pasado para compracer á súa filla foron cousas que me encandilaron desta historia. Recomendoa moitísimo, sobre todo se xa tes unha noción do contexto no que se publica a obra.
Profile Image for Eviña Infante.
16 reviews12 followers
March 14, 2020
Lino por curiosidade xa que o estudei durante o Bacharelato, sorprendentemente pareceume moi asequible e levadeiro. Sen dúbida disfruteino máis do que pensei que ía facer
Profile Image for Gala.
348 reviews1 follower
September 24, 2024
- Ah, xa entendo. Vosa e miña.
- ¿Nosa e de vostede? Non está ben dito, non. Hai un respiro no medio que aínda nos doe.
-Direi: nosa, nada mais.
4 reviews
February 18, 2025
ao ser un libro obrigatorio pensei que sería malo e aburrido, pero encantoume
Displaying 1 - 8 of 8 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.