Jump to ratings and reviews
Rate this book

Todo canto fomos

Rate this book
Unha mestra que loita contra a desigualdade e os prexuízos sociais nunhas circunstancias difíciles. Un escritor de novelas policiais, residente en Londres, que descobre unha verdade sorprendente entre os papeis do legado da súa nai. Unha moza que persiste nun noivado secreto e prohibido. Un emigrante galego na Arxentina que non esquece a súa orixe mentres anda en procura do éxito económico. Un historiador que, arrastrado pola violencia dos acontecementos, lembra os momentos cruciais da súa vida. Estes son algúns dos personaxes que compoñen unha trama na que a normalidade é só a apariencia baixo a que se ocultan misterios inquietantes. "Todo canto fomos" é unha novela que percorre máis de un século da historia galega para devolvernos o relato dun pasado que segue alentando no presente.

527 pages, Paperback

First published January 1, 2016

Loading...
Loading...

About the author

Xosé Monteagudo

8 books2 followers

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
28 (38%)
4 stars
26 (36%)
3 stars
12 (16%)
2 stars
6 (8%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 11 of 11 reviews
Profile Image for brais.
55 reviews13 followers
April 24, 2022
a maneira na q as historias se interrelacionan.. e o moito q chorei lendo o final pois q mais quero
Profile Image for candela celeiro.
73 reviews
November 18, 2026
tendo un pai que dá clases de psicoloxía, case podería dicir que crecín escoitando iso do "para que". que si nada responde a esa pregunta, que si non está de todo ben formulada, que se a resposta fala moito da persoa que es... hoxe decido ignorar todas esas conversas que, ademais, son bastante coñazo; e pregúntome, certamente, para que?

para que se nos conta unha historia tan extensa, con tanto detalle e personaxe? de que me serviu coñecer ao primeiro mozo de carlota, ou ás súas amigas da universidade? por que é importante gabino, ou o amigo random co que amaro construíu as vías do ferrocarril no sur de arxentina? cal era o obxectivo da novela, máis alá de que nas últimas 100 páxinas todas as personaxes se revelasen unidas por un fío pseudofamiliar.

non se sabe; non se sinte. esta novela non parece unha historia confeccionada con mimo, senón, máis ben, unha chea de palabras amoreadas as unhas enriba das outras (nalgúns casos, con pouco sentido e) cunha, canto menos, pouco rigurosa corrección. e é que é aquí onde reside, para min, o maior problema. nas palabras.

non son eu ninguén para dar leccións. así en xeral, pero, especialmente, en relación coa extensión dos textos. porén, e malia que o que escribo non o reflicte, se algo teño claro é que o número de palabras está moi lonxe de ser directamente proporcional á calidade ou o valor literario dun libro. esta vén máis ligada ao tipo e, sobre todo, ao método de escolla deses termos. e neste libro, francamente, utilizouse un ben desacertado.

as palabras, ciscadas por alí e por alá, creaban oxímorons inintencionados e os rexistros estiveron todos mal escollido. diálogos pouco naturais por unha banda, xente moza falando cual vellos, pola outra; e un narrador (especialmente, nos capítulos do escritor) que utiliza termos excesivamente formais, xa para rematala. un que, aínda por riba, abre e pecha a novela.

menudo capítulo de incio. pensei que non acababa. se o que pretendía era introducir á historia, as palabras sobre as que se sustentaba non podían ser menos axeitadas. a súa opulencia afastaba a quen as lese do contido da historia. como que 'rematei por realizar'? what do you mean '...a demora na escrita me podía reportar unha convivencia máis longa...'? lembra ao xeito en que eu mesma escribo, ao tipo de erros que cometería un escritor novel. este home tiña 51 anos cando publicou a novela, e non era a primeira.

pero é que xa non é que as palabras non sexan as adecuadas, é que, ademais, sobran. o libro fíxoseme eterno e a metade non era máis que palla. e tal como diría martín, de carolina durante, se hai algo peor que un libro malo, e un libro malo e longo.

en canto as personaxes... bueno. ao escritor non o puiden aguantar. aportou cero e pareceume de vergoña o capítulo ese no que se anda queixando de ter que pasar tempo coa filla. na poda que faría para acurtar a novela, os seus episodios serían os primeiros en caer entre as follas secas. o resto non estiveron mal. gustáronme bastante amaro, carlota, anxo..., incluso sheila. maribel pareceume, honestamente, pouco memorable; aínda que unha das miñas partes favoritas do libro é cando, despois de ter unha conversa con fernando, pensa que el non vai querer volver a vela porque lle fixera algúns comentarios "demasiado incisivos". she's so me.

ao final, o libro sálvase porque é relativamente entretido, e porque me parece que, de toda a tirria que lle collín por ter que lelo para clase; estou sendo un pouco dura con el.

pd. se tivese unha moeda cada vez que un libro que leo para galego ponse turbio, con parellas de medo (literalmente) e curmáns moi próximos, terías máis dunha moeda; o que me parece bastante perturbador.
Profile Image for Ruper SP.
9 reviews
January 18, 2023
As primeiras 300 pax mais menos están ben aínda que son presentacións de personaxes. Algo lento. Pero logo nas seguintes está toda a chicha cando se ve toda a desfeita da dereita española na guerra civil e anos posteriores. É diferente no sentido que ves dende unha perspectiva moi detallada dende dentro.
Profile Image for Diego Andrade.
5 reviews1 follower
January 23, 2018
Meses despois da morte da súa nai, un escritor de novelas policiacas afincado en Londres recibe uns cadernos con información sobre a súa nai e a súa familia. Esta novela é o libro no que escritor reflicte o que liu nesas notas. Xosé Monteagudo aproveita este recurso para contarnos feitos relevantes de historia de Galicia a través da vida de 4 xeracións dunha mesma familia. Ademáis das personaxes ficticias, na novela tamén aparecen personaxes reais como Alexandre Bóveda ou Castelao. As vivencias íntimas e históricas se mesturan durante toda a historia. Non narra só feitos históricos, senón tamén situacións nas que a xente a cotío se viu envolta durante diferentes momentos históricos, como a emigración a suramérica, a campaña en prol do estatuto de autonomía de Galicia, o encarcelamento durante a guerra civil ou a persecución posterior durante a dictadura. Un libro que disfrutei moito polo estilo claro no que está escrito, e porque foi unha forma entretida de entrever algúns feitos relevantes da nosa historia recente.
1,573 reviews58 followers
January 19, 2023
3.5
Moi ben documentado e interesante como están estructurados os capítulos dos diferentes POV, cortos e ao punto. Tardei un pouco en caer que eran todos a mesma familia, pero agradoume a sorpresa. Interesoume ver como estaban as cousas en Galicia durante o século pasado, pero a narración fixo que non me encariñase cos personaxes, estaban a distancia.
Profile Image for LMNV.
39 reviews
August 26, 2021
Encantoume cómo relaciona is destintos tempos
Pero gustaríame máis se o sufrimiento das mulleres frisase de ser coma un recordó , explica moi ven o que sufrió o pai e o marido pero a maestra unja das protagonista principios queda deslucido
Profile Image for Óscar Martínez.
110 reviews3 followers
July 22, 2024
qué bonito....... ao principio custa un pouco (ou son eu un pouco lerdo) pero cando empezan a converxer as tramas xa non podes parar de ler.

o libro é prestado e está asinado polo autor, que puxo: "esta historia que tamén é a nosa Historia". así se sentíu.
5 reviews
March 7, 2022
Encantoume, fai moito que non lía con tanto entusiasmo. A estructura, a forma de narralo, o saber que malia que todo é inventado basouse nun pasado todavía moi presente para todos en Galiza. Grazas.
3 reviews
September 29, 2026
Un moi bo libro da historia de Galicia a través da historia dunha familia, que podería ser calquera
Displaying 1 - 11 of 11 reviews