Isto é o que pasa cando o mangaka máis eggy do mundo criado nunha sociedade ultramisóxina debuxa un gag manga nos 80 sobre unha rapaza que *GASP* é un rapaz.
Adoro a personaxe de Hibari, difícil non querela: é alegre, cariñosa, espabilada e monísima, pero por desgracia o manga está empeñado en que o resto dos personaxes que saben que naceu chico a chamen "pervertido" :(
Nos 80 foi seguramente moi revolucionario: por moito que lle fagan misgender e a chamen "drag queen", a premisa do manga é que Kousaku, o prota masculino, sabe que é un pibón, e jódelle "bc hes not gay" or some other shit. De feito todos os homes do manga caen namorados dela, pero Hibari só ten ollos para Kousaku, hilarity ensues etc.
Como é un gag manga, non profundiza en case nada serio, o cal é unha pena, e en vez de máis momentos sentimentais, temos unha mestura de chistes graciosos, escenas con Hibari tirando fichas e Kousaku ao borde do ataque, referencias xaponesas de fai 40 anos que vai saber ti quen as pilla, e unha pizca as "bromas" máis racistas/misóxinas/homófobas/capacitistas/gordófobas que poidas imaxinar, todo iso máis debuxos de xente caendo patas arriba cando pasa algo que risas enlatadas en Big Bang Theory.
Pero ten cousas moi boas tamén, de cando en vez sóltache unha muller lesbiana que intenta ligar con Hibari, un home trans, ou incluso no último capítulo, que aparece un rapaz trans tamén (que se inxecta hormonas!!), pero o manga cancelouse xusto despois, e é unha pena porque os personaxes non eran parodias. Excéntricos, si, porque están nunha comedia, pero o chiste nunca era a súa identidade. Incluso nas escenas onde Hibari lle tira os tejos a Kousaku, está claro que o autor está a favor de Hibari, e ti como lectoR (era unha revista masculina) tes que querer abofetear ao rapaz por ser tan parvo e non dárlle un bico!
Non sei, dáme pena. Obviamente sendo eu trans 40 anos despois voulle ver todas as faltas ao comic, e é inxusto ser tan esixente con algo que no seu tempo era a vanguardia da representación tras en xapón, pero para unha audiencia contemporánea, non hai moito que sacarlle. Iso si, as portadas cos debuxos de Hibari son todas preciosas, como se nota que para o autor era unha personaxe especial (en serio, o tipo dixera nunha entrevista que como non pode ser muller, debuxa a mozas guapas que foran como a el lle gustaría ser. 🥚🥚🥚)