Jump to ratings and reviews
Rate this book

Ébora

Rate this book
Libardino Romero naceu cun «exceso de alma» e sete quilogramos de peso, aos cinco meses de ser concibido pola súa nai, a señora Pura, que fora curada de sífilis polo inventor do remedio universal. Farto da súa monótona existencia como auxiliar administrativo e dos sensabores da convivencia cunha muller autoritaria, obsesionada pola limpeza, decide partir na procura da felicidade, acometer, por fin, a tarefa imprescindible de soñar. Ébora, o universo referencial de Xosé Carlos Caneiro, é un espacio abisal onde as fronteiras son de licor e escuma, un lugar perdido entre montañas de neve e mimosas e perpiaño, rexo como o tempo, vila con máis de mil anos de melancolía cicatrices, un territorio de soños e marabillas. Unha vila que é o símbolo do que nos queda, que se salva da doenza terrible da fin do a estupidez, a estulticia, a televisión. Ébora, ao xeito dunha nova Odisea, é unha recreación, enchida de grandes doses de ironía e comicidade, dos grandes temas universais da a continua procura nostálxica do pasado e a fuxida, incontrolada e imprevisible, cara ao futuro, a busca do amor e da felicidade, batendo coa morte e o desencanto en calquera recanto.

464 pages, Paperback

First published January 1, 2000

11 people want to read

About the author

Licenciado en Xeografía e Historia. Diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica (especialista en lingua galega, lingua francesa, lingua castelá e ciencias sociais). Asesor do Centro de Formación do Profesorado de Ourense, con sede en Verín. Profesor do curso "Didáctica da ficción e Creación Literaria" na Universidade de Vigo". Colaborador habitual de numerosas publicacións desde 1981 (La Voz de Galicia, Tempos Novos, El País, Diario 16, Península, Faro de Vigo ou El Mundo).

Dirixiu e presentou o programa da TVG "Oficio de Palabras" e "As Luces". É colaborador diario da "Crónica" da Radio Galega.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
6 (40%)
4 stars
5 (33%)
3 stars
4 (26%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 2 of 2 reviews
Profile Image for mire :).
29 reviews
June 5, 2025
reflexivo y cómico. "Máis colgados que As Meninas" frase de Mefisto y buena forma de describir a todos los personajes del libro (q Mefisto el loco resultase siendo el más listo al final jajaja). la verdad es q Ébora es mítico pueblo gallego en el q no faltan dramas y cotilleos. lo único q critico del libro es q tiene muchos erros y castelanismos
Profile Image for Alberto.
266 reviews24 followers
September 9, 2016
Teño que recoñecer unha desconexión cáseque total da literatura galega recente. Vendo que este 'Ebora' leva máis de quince anos publicado asumo que é un erro e lamento a preguiza que me levou a non telo collido antes: pareceume un libro moi bo, emparentado sen excesivo demérito con obras coma 'Cien años de soledad' ou a película 'Amanece que no es poco', e está ademáis inzado de referencias a moitas outras obras. O autor manexa un galego excelente e non dubida en adubialo con expresións inventadas mais (penso eu) eufónicas e axeitadas.
Pouco vou contar da trama, divertida, surrealista e disparatada ou da fondura das persoaxes, artelladas con mimo; deixo intacta a posibilidade de descoberta para calqueira lector interesado que non sinta medo do grosor do libro: paga a pena!
Displaying 1 - 2 of 2 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.