En 1975 publicouse por primeira vez a novela Xoguetes para un tempo prohibido; Editorial Galaxia no 2005 tira do prelo unha nova edición, a décima, desta obra na que Casares fai un retrato da xeración dos anos 60. É esta a décima edición de Xoguetes para un tempo prohibido desde que no ano 1975 se edita a primeira. Unha novela retrato dunha xeración, a dos anos 1960, nos que aqueles mozos universitarios cultos e brillantes, intelixentes e soñadores acaban embarrancando no escepticismo e na amargura. Unha obra que nos achega a un tempo e a uns personaxes marcados pola perda das ilusións e polos soños derramados. Esta novela foi galardoada co premio co que se conmemoraban os XXV anos da fundación da Editorial Galaxia. Un retrato xeracional dun grupo de amigos na Compostela universitaria de fins do século XX. O círculo universitario no que Casares se moveu na súa época de estudante na universidade aparece aquí representado pola peripecia vital de Elías, que abrangue desde a súa infancia nunha pequena vila galega ata o seu tráxico final nunha triste pensión ourensá. Os sórdidos anos da posguerra e o seu contrapunto, os esperanzados tempos da utopía revolucionaria, acaban no alcohol, na frivolidade e o desespero. Escrita con toda a brillantez e eficacia da narrativa moderna, é unha reflexión lúcida sobre as ilusións perdidas e os soños non acadados.
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento. É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. O ano 2017 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
tiña este libro pendente desde hai varios anos, olvidado nun estante, e quizais aínda precise unha relectura porque a maneira de narrar é interesante pero estou algo espesa e custoume seguir o ritmo rápido e fragmentario, con constantes cambios de situacións e personaxes, e cun ton poético
En este libro tenemos otra visión de la adolescencia y la primera juventud. Es casi inevitable que el lector se sienta como ese niño expulsado de repente del paraíso y abocado a una vida de desencanto. Por su especial manera de contar la historia de Elías, es sin duda un buen exponente de la narrativa moderna. También da una visión crítica del modo de vida, la manera de sentir el amor y el momento histórico que le tocó vivir a sus personajes.
Carlos Casares es indudablemente de los mejores narradores que tenemos en Galicia y una de mis cosas favoritas de esta novela ha sido la narración lineal y continuada, que tiene mucha coherencia con el relato. Pero lo cierto es que me ha costado seguir el hilo muchas veces porque me iba y volvía en mis propias cavilaciones (más culpa mía que del autor). Y otra cosa, honestamente (VOY A BANALIZAR TODO MUCHO A CONTINUACIÓN ESPERO QUE SE ME PERMITA LA LICENCIA) para escuchar cómo a alguien (también infiel como en los libros que últimamente he estado leyendo lo son todos los hombres, ya a este punto parece un rasgo intrínseco de su naturaleza) le ponen los cuernos treinta veces prefiero escuchar a una chica divertida que al menos no se muere al final. Puede que en otro momento de mi vida si regreso a esta historia me flipe pero a día de hoy le reconozco el valor y ya.
This entire review has been hidden because of spoilers.