Trátase dunha poética que, por ausentarse totalmente dos obxectos, da expresión e da significación, intenta dar conta dos corpos, do mundo, dun eu e do seu pensamento. Así e todo, a identidade esfarélase fronte á idea enorme do tempo: algo lingüístico que quita o alento… Pois o significado en ningún idioma, podería dicir a conmoción do corpo. Só a estrañeza articula a fala na que se di o límite.
Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1973), fixo traballos de investigación na súa especialidade como O movimento obreiro na provincia de Ourense. Exerce como profesora de ensino secundario (Xeografía e Historia) no IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín. Pertence a varias agrupacións tanto de índole literaria (o PEN Club) coma político-social (Redes Escarlata). Foi cabeza de lista da Frente Popular Galega pola provincia de Ourense en varias ocasións. Foi elixida académica de número da Real Academia Galega no pleno do 5 de novembro de 2016.[1]
Non entendin moito e ás veces é máis abstracto do que me esperaba, pero hai que recoñecer que a profundidade da lírica de Chus Pato é patente e cando alcanzo a conectar co que di a sensación é magnífica.
Un poemario distinto a lo que acostumbro a leer, como si no estuviera tan claro si es poesía u otro género distinto. Un tanto críptico para mí, pero interesante de leer. Me gusta ir descubriendo más poetas.