Jump to ratings and reviews
Rate this book

Muriel

Rate this book
A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro.Gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, «Muriel» foi definida polo xurado como «unha historia sedutora, onde conta cada palabra; un canto á imperiosa necesidade da cor; unha aventura entrañable, cálida e misteriosa».

185 pages, Paperback

Published October 1, 2017

Loading...
Loading...

About the author

María Canosa

46 books4 followers
María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha enxeñeira de Camiños, Canais e Portos galega, coñecida pola súa participación como xurado en programas concurso da Televisión de Galicia e como escritora de literatura infantil e xuvenil.

Filla da escritora Concha Blanco, trasladouse á Coruña desde a súa vila natal para os seus estudos universitarios, titulándose como Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña.

Traballou como enxeñeira e foi Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. Desde os sus inicios profesionais compaxinou a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. De algunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais.

María Canosa e Jorge
María Canosa e Jorge Mira son os expertos do concurso Coma un allo da TVG

Presentadores de Coma un allo da TVG
Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e de Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011, ata principios de 2013, cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e letras foi substituído polo concurso Verbas van, en que tamén ocupou o posto de experta. Actualmente mantén esta actividade no programa Coma un allo.

Recibiu distintos premios literarios, entre os que destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil, convocado por Edicións Xerais, no ano 2017, pola obra Muriel.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
6 (46%)
4 stars
5 (38%)
3 stars
2 (15%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
Displaying 1 - 3 of 3 reviews