Vilagarcía, principios do século XX. O destino dos mariñeiros ingleses e alemáns crúzase coas arelas de liberdade dunha moza que intenta ceibarse das estreitezas e ataduras da Galicia daquel tempo. Moitos anos despois, no Cemiterio dos Ingleses só queda unha tumba anónima, a número un. Alí agarda o misterio final, o dese sartego e o seu descoñecido ocupante. O enigma que arrodea a vida de Delia Cores e do seu fillo Edelmiro, o xardineiro dos ingleses. Cunha prosa áxil, protagonistas de carne e óso, e unha trama que zigzaguea entre os principais acontecementos históricos europeos, Marcos Calveiro consegue a súa obra máis lograda, de lectura apaixonante e chea de sucesos inesperados. Unha novela sobre a busca de liberdade. Sobre a xustiza e a capacidade para enfrontarse ao fado da historia.
Premio García Barros 2017. Premio San Clemente 2018.
Marcos Sánchez Calveiro, coñecido artisticamente como Marcos Calveiro, nado en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra, Galicia) o 13 de outubro de 1968, é un escritor, avogado e hostaleiro galego.
Neto de feirantes e taberneiros, reside coa súa parella e dous fillos en Vigo, onde traballa como avogado. Comezou a publicar de forma serodia, con máis de 35 anos, e fíxoo inicialmente no eido da literatura infantil e xuvenil. Tamén ten escrito poesía e, en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida a un público adulto, Festina lente. En decembro de 2009 gañou o premio Lazarillo coa novela xuvenil O pintor do sombreiro de malvas, en 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol con Fontán e en 2017 gañou o premio García Barros con O xardineiro dos ingleses.
Regaloume este libro unha persoa que sabe que quero ler máis en galego, mais que estou cansa dos libros nesta lingua que tratan a guerra civil ou que son do xénero policíaco. Tendo eso en conta, escolleu este libro, pensando que falaría de ingleses e da historia de Vilagarcía. Pois non. Dos ingleses pouco se sabe, pero si aparece tanto a guerra civil como unha pequena parte policíaca… en fin. Polo demáis, direi que se le ben e é amena. Que se che gusta ou es de Vilagarcía supoño que sentirás todo mais preto. Para min foi como ler unha foto en sepia da vila.
This entire review has been hidden because of spoilers.
E un pracer ler na miña lingua materna e O xardiñeiro dos Ingleses conta unha historia de Delia e Edelmiro tenra e cruda como esos anos difíciles na nostra historia. Recomendo moito esta novela que é moi bonita de ler.
Historia que se desarrolla en Vilagarcía mezcla de ficción y realidad con personajes también reales y ficticios. Hay detalles que me tocan muy de cerca por eso para mí es un libro especial.
quen está enterrado na tumba anónima de cemeterio dos ingleses de rubiáns? que é o que aconteceu? esas son as preguntas que todos nos facemos cando collemos este libro. o xardineiro dos ingleses é un paseo pola memoria de vilagarcía, onde se cruzan os camiños da ficción e a historia dos tempos de guerra da vila, ben atado, ben escrito e imaxino que documentado como o que máis. pode ser que todo aquel interesado en algo disto ou que pertenza a ese lugar sinta algo máis con esta novela. non é o meu caso, e se me preguntades direivos que esperaba outra cousa, que ás veces sobráronme as páxinas e que non terminei de disfrutalo.
Cos ingredientes propios do misterio constrúese esta novela que percorre a historia recente de Galicia, e que se sitúa en moitas paraxes e lugares da vila vilagarciá. Por aquí transitan dous homes con arelas de liberdade e unha muller que tenta escapar das ataduras dun tempo no que todo se consideraba prohibido. Así mesmo conflúen dous tempos, o pasado e o presente, expresado este último na propia reflexión interna do escritor que se documenta e vai atopando o sentido do que quere contar, pois como este narrador nos di, “as novelas son coma os incendios provocados, sempre teñen moitos focos”.