Invisibles incorpora sete relatos en tantos casos de resistencia heroica e acompáñase ademais, alén de senllos limiares a cargo de Carme Fouces e Miguel Anxo Fernández Lores, dun epílogo que entendo relevante subscrito por Rosa Campos, psicóloga do Centro de Información á Muller do Concello de Pontevedra onde, desde un punto de vista global e accesible, se asedian as causas e a realidade do maltrato, convertendo as súas páxinas nunha proposta que, probablemente, poida axudar a moitas persoas nestas situacións. É, precisamente, Rosa Campos quen apunta un elemento clave desta achega definíndoo como un libro operativo para “concienciar á poboación do inferno que vive unha muller maltratada” e, ao tempo, para “concienciar ás administracións da importancia de escoitalas”.
As experiencias de maltrato, físico e psicolóxico, en tantas ocasións un verdadeiro tormento, converxen na exposición de pautas ou padróns de comportamento que se reiteran nos máis casos. Xorden aquí, como golpes na conciencia, asuntos como a operatividade das denuncias e o temor a interpoñelas, as dificultades para detectar o maltrato, a perversión que se agocha no amor romántico, os casos de neglixencia, a cuestión dos perfís e a dos sentimentos de culpabilidade, o acoso, o exercicio da violencia máis cruel, a cousificación dos fillos, a culpabilización das vítimas… Cada caso é distinto, mais todos conflúen en inquirirnos, como persoas, sobre o que cadaquén fai arredor desta lacra social, sobre o que cadaquén pode facer para evitala.
Un libro necesario para todos, tanto para os escépticos que acaban axudando ao maltratador tanto para as mulleres que deben tristemente ser capaces de recoñecer estas condutas ante de que sexa demasiado tarde
“No eres una víctima porque encajes en el rol, sino porque te encontraste con un maltratador. Punto.” Que duro y que maravilla de libro. Esta lectura debería de ser obligatoria para todos los géneros.
Libro duro, pero necesario. Invisibles narra en primera persona la historia de mujeres víctimas de malos tratos. Unos relatos desgarradores que no te dejan indiferente.