Unha prosa áxil, clara e potentísima cunha capacidade descritiva digna dun impresionista. Fascinado pola riqueza da súa perspectiva sobre a morte e a habilidade para transmitir en palabras sinxelas como evoluciona en nós o engano, o soño, da inmortalidade cando somos mozos.
Hazlitt ispe a idea da vida amosando como aquí e o agora, coa nosa vitalidade desmedida e a despreocupación polo horizonte da senectude, son distraccións e enganos naturais que nos afastan da presenza do noso final, dese home vello (a morte inglesa) que virá por nós, ven por ser a fin do noso tempo, ben co golpe prematuro da gadaña.
Na segunda parte da edición que lin, "Sobre el miedo a la muerte", temos unha visión máis serodia e madura, curiosamente menos angustiosa e libre. E o posfacio de Virginia Woolf é sublime e necesario para poñer en contexto a intrigante e incómoda personalidade detrás da obra.
Quedo cunha frase dela: "Conocer la razón de las cosas es un pobre substituto de ser capaz de sentirlas".