De a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas, este libro propón un xogo diferente. É certo que, como as guías, vén cos seus planos, mapas e mesmo percorridos propostos. E que, como os libros de historia, tamén conta cun amplo relatorio de anécdotas, memorias, imaxes de época e documentos –nalgúns casos inéditos a día de hoxe–. Pero en realidade este libro é outra cousa...É a carta dun namorado, o convite para saír a camiñar e redescubrir a cidade a través das rúas e prazas do seu barrio vello. A proposta de coñecer Vigo da man dun paseo que, sobre todo, se fai sen présa, devagar, deixando que os nosos pasos se perdan polo mar de anécdotas e historias que conforman a memoria da cidade. Porque, á fin e ao cabo, esa é a verdade: nada máis hai que saber onde observar con atención para descubrir que entre as luces e sombras da cidade vella aínda permanecen visibles os vestixios das moitas vidas que amalgamaron o Vigo vello. Eis a eterna vila mariñeira, si, pero tamén aqueloutra que os seus veciños defenderon a ferro e lume en máis dunha ocasión, e o Vigo industrial, e o metropolitano, e mais tamén o corsario.Esta é a proposta que se fai neste libro: saír a camiñar o Vigo vello, e coñecelo de primeira man, a través do seu paseo.
Pedro Feijoo (Vigo, 1975) es licenciado en Filología Gallega por la Universidad de Santiago de Compostela. Los hijos del mar (Os fillos do mar), su primera novela, fue finalista del prestigioso Premio Xerais de Novela 2011 y un auténtico fenómeno literario en Galicia, con una gran acogida por parte de crítica y público.
Son muchos los títulos que se le da a Vigo en este libro. Y uno de ellos no puede ser más cierto. "Vigo, la ciudad sin memoria". Por desgracia, es mucho lo que se ha perdido y el desconocimiento que hay de su historia. Y yo me tengo que incluir el primero.
Leer este libro me ha producido cierta rabia y tristeza al ver todo el patrimonio arquitectónico, cultural e histórico perdido. Pero también me ha dado ganas de levantarme a realizar con mis propios pies el paseo que el autor da en el libro, ahora prestando más atención a los detalles.
P.D.: Creo que aun hay lugares en el casco vello que desconozco. :0
Gustoume aprender anécdotas e historia da cidade natal e mesmo descubrir rúas e rueiros descoñecidos ata o de agora, por mor do costume de realizar o mesmo percorrido de esmorga que visita os mesmos lugares. Non me gustou nada, porén, a redacción do autor:
O paseo que realiza Feijóo por Vigo está asolagado da súa opinión política, que coido innecesaria nesta obra, xa que pretende estar a medio camiño entre as guías de viaxe e os manuais de historia. Se ben tamén a novela constitúe a carta do autor á cidade, non teño interese ningún en saber que Abel Caballero non é santo da súa devoción.
Amais das pullas ao presente goberno local, o autor reitera a importancia de colocar placas nos puntos históricos da cidade. Emporiso, penso que estas tan solicitadas placas pasarían desapercibidas de xeito moi sinxelo, camufladas con placas de nomes de rúas, etc. Se cadra, sería máis proveitoso fomentar accións educativas, como excursións escolares (grazas as cales coñecía xa datos sobre a muralla, por exemplo), percorridos ou guías organizadas para as cidadás e cidadáns, etc.
É unha mágoa, xa que, se se eliminasen todas as ocasións nas que a autor gasta espazo en pedir placas (p.ex., páxs. 108, 116, 124, 143) ou criticar a Abel Caballero, podíase incluir máis información sobre a cidade; hai capítulos, como o da Reconquista, que son breves en exceso (páxs. 163-166, fotos incluídas).
Muchas gracias Pedro por preocuparte de proteger la memoria de la ciudad con un libro muy bien escrito.
Muy orgulloso de que existan vigueses como tú. Es el primer libro que leo tuyo y no será el último. De verdad una muy grata sorpresa, a pesar de que se me parta el alma al recordar las atrocidades urbanísticas que se han hecho en nuestra ciudad. Dan ganas de llorar al pensar cómo hemos dejado que destrozaran parte de la historia y la belleza de nuestra ciudad.
Libro imprescindible para todos os que amamos Vigo. Libro imprescindible para todos os que pensan que Vigo é unha cidade sen historia e sen patrimonio. Feito desde o cariño e empapado nel.