El protagonista narra las distintas aventuras en las que se ve envuelto leyendo los anuncios por palabras del periódico. Además, así descubre un poco más de la realidad humana. ¿Dónde empieza la fantasía y acaba la normalidad? Relatos fantásticos escritos con una prosa cuidada que hablan de la gente corriente y no tan corriente.
(Non estou afeita a escribir en galego. Perdoade os erros)
Gustoume bastante en xeral. Todos os contos son moi orixinais e curiosos. Fernández Paz tiña unha imaxinación incrible.
Unha chave non é suficiente Moi curto, pero moi interesante. Penso que é unha desas historias das que cada quen pode sacar a súa lectura. Eu interpreteino como que a búsqueda, a promesa do que vai vir, é o que o fai feliz.
O caso do unicornio azul Encántame a mensaxe do final, directamente ó lector.
Un artista do neón Dos meus favoritos. Un chamamento a favor do uso do galego e de eliminar estranxeirismos innecesarios, de forma moi imaxinativa.
Vanesa e o anuncio de televisión Pode que o que menos me gusta en canto á historia. Pero o retrato da nai paréceme de 10, xa que, por desgracia, existen nais exactamente coma esta.
O caso do estraño empregado Outro dos meus favoritos. Faino todo so cunha curta conversación da que so oimos a metade.
Ser superheroe non é nada doado Este non me gustou, pareceume absurdo.
Un doce emprego Outro dos meus favoritos, e cun transfondo máis complexo que o que se mostra directamente na historia. É gracioso e triste ó mesmo tempo.
Noites de lúa chea Gustaríame que este estivese un pouco máis desarrollado, porque a historia en si está ben, pero non temos suficientes anacos dela.
Un máxico negocio É unha historia riquiña, pero sen máis.
O Libro das Infinitas Historias A historia perfecta para rematar a colección. En parte dame pena a libreira, pero o final paréceme perfecto.
This entire review has been hidden because of spoilers.
Empieza mi era de leer libros infantiles por ser profe.✨ Agustín Fernández Paz nunca decepciona. Tiene hombres lobo y vampiros: me ha ganado. Y que la premisa sea convertir anuncios por palabras del periódico en historias? Me parece increíble.
Contos por palabras é outro magnífico libro de Agustín Fernández Paz. Un libro que os membros do meu club de lectura xuvenil leron e desfrutaron en diversos anos.
En Contos por palabras Agustín amósanos a súa incomparable imaxinación nun libro de relatos que coinciden no aspecto formal. Partindo dun suposto anuncio por palabras (antes da época de Milanuncios) real o narrador crea unha situación na que tal anuncio puido ser publicado. Todas as situacións desbordan imaxinación e orixinalidade.
En O xornal a diario, o narrador coméntanos que unha amiga lle aconsellou ler os anuncios por palabras no xornal algo que fixo no sucesivo imaxinando diferentes contextos para as publicacións. E a partir de aí temos unha serie de relatos introducidos polo correspondente anuncio e protagonizados por persoas do máis variopinto, a nai que ten á súa filla pequena facendo anuncios de televisión para satisfacer a súas ansias, os personaxes fantásticos que parecen convivir no noso mundo e necesitar traballo, a empregado que desconfía da empresa que o quere empregar, e varios outros. Rematamos con O libro das infinitas historias no que existe un libro que se vai transformando e adaptando ao lector e que a narradora intentará conseguir.
Todo un universo de personaxes e situacións incribles que agroman de anuncios sinxelos que poderiamos atopar en calquera xornal.
Para min o valor deste libro é a imaxinación e a posibilidade de realizar actividades de animación á lectura e/ou escrita partindo de algún anuncio seguindo a estrutura dos capítulos do libro.
Pese aos anos, creo que é unha lectura moi adecuada para rapaces duns 10 a 14 anos, aos que lles gusten as historias orixinais. Poderíanse mesmo extraer algunhas das historias para traballar con elas de forma illada do resto da obra. Un gran libro sempre.
xulíssim!! m'ha alegrat les darreres nits :)) primer llibre acabat del 2026 i a més a més en un altre idioma... sí que eren contes per nens petits (i no tan petits) i m'agrada perquè crec que els grans els podem entendre també, entenem altres coses... aquest home té una imaginació molt bonica, t'amara del seu univers perfectament boig i vols saber-ne més. no es proposa ser el millor escriptor, però sí el més veraç, mentre t'explica que n'spiderman busca feina i et mostra que parla un gallec genial. m'agrada que, per exemple, al darrer paràgraf t'anomeni un nou personatge, normalment ens preguntaríem per què, si això és a punt d'acabar, però i què? per què no dir a l'últim moment que l'amiga de la protagonista es diu mariña? també és curiós de saber!
He leído este libro básicamente para practicar el gallego y, aunque sean historias para niños pequeños, yo lo he pasado muy bien leyéndolas. Ha habido unas mejores y otras peores, pero con tranquilidad le pongo 4 estrellas.
É un libro de relatos curtos baseados en anuncios do xornal. Non é nada do outro mundo, pero está ben. Paréceme unha lectura axeitada para 1º ESO aínda que podería estar un pouco ao límite de parecerlles algo infantil.
Este libro parte da orixinal idea de converter en contos os anuncios por palabras e moitos deles son maxistrais. O meu preferido é O libro das infinitas historias.