Aire negro, é unha obra onde o real e o ficticio non teñen barreiras, están intimamente ligados.
Esta historia desenrólase en Galicia, con Víctor Moldes, un doutor, e a súa paciente Laura Novo como protagonistas. Este tratará de que Laura recorde un terrible pasado que a levou ao seu estado nese centro psiquiátrico a través de terapias innovadoras. A historia irá dando saltos ao pasado para entender o ocorrido e iremos vendo cousas nunca vistas en Galicia. Finalmente, a verdade sairá a luz coa axuda do amor. Moitos dos lectores, sentiranse identificados en diversos aspectos cos personaxes, tanto en elementos reais como irreais.
Nesta historia coñeceremos a verdadeira realidade ou a verdadeira ficción.
Recomendo este libro pola súa gran capacidade de facernos confundir entre o real e o irreal, polo seu poder persuasivo, polo léxico tan fácil de entender capaz de transportarnos aos lugares da acción e polas emocións como o medo que sentes a medida que pasan as páxinas.
Neste libro, as imaxes créanse na mente, en papel só é necesario letras que nos fan viaxar a covas, centros, casas e outros lugares irreais.
Persoalmente, despois de lelo, ademais de marcarme superou todas as expectativas que levaba.
Para todos os amantes da ficción esta historia é a ideal para a vosa mente, experimentaredes tanta intriga como medo, gustaravos tanto o real como o non real. Se non lestes esta historia inda non coñecedes a verdadeira realidade presente en Galicia. Teñas a idade que teñas, debes ler isto para comezar a entendelo todo e coñecer a Gran Bésta que temos en Galicia.