Jump to ratings and reviews
Rate this book

Deus sentado nun sillón azul

Rate this book
Unha novela fundamental na obra de Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul viu a luz por vez primeira no ano 1996 e aparece agora publicada (2005) nunha nova edición dentro da Biblioteca Carlos Casares, que Editorial Galaxia dedica á obra do autor ourensán. Casares comeza Deus sentado nun sillón azul describindo unha muller que observa a través dunha ventá. Na casa de enfronte, le e fuma sentado nun sillón azul. Ela ve un ser avellentado que semella agardar algo escuro e terrible, xa non é aquel profesor mozo, brillante e inchado coa superioridade dun Deus. Transcorrerá xa un tempo marcado pola dor e o desexo, polo amor e o crime. Un tempo inzado de palabras e actos sobre os que a memoria bota nova luz. Casares constrúe unha ficción na que a narración axuda a reflexionar sobre o papel dos intelectuais, a súa responsabilidade e as relacións co poder. Deus sentado nun sillón azul tamén é unha esclarecedora meditación sobre a elaboración da memoria e a influencia do paso do tempo sobre o xeito de entender a vida.

271 pages, Paperback

First published January 1, 1996

2 people are currently reading
41 people want to read

About the author

Carlos Casares

82 books11 followers
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. O ano 2017 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
5 (7%)
4 stars
20 (31%)
3 stars
29 (45%)
2 stars
7 (10%)
1 star
3 (4%)
Displaying 1 - 7 of 7 reviews
Profile Image for A Librería.
437 reviews106 followers
May 18, 2017
Deus sentado nun sillón azul (1996) es una obra que nos acerca a una época del pasado reciente de la que poco nos deja atisbar, en una ciudad gallega que no se nombra (aunque podemos intuir de cuál se trata), con unos protagonistas sin nombre y un sillón que no es azul por casualidad. Todo ello, desde mi visión, para hacer una dura crítica de ciertos aspectos y comportamientos de la sociedad. Al mismo tiempo, deja que la imaginación del lector construya gran parte de la historia y considero que es la reflexión libre del lector, guiada por la narración, lo que construye realmente esta novela. Así, mientras que yo he visto elementos políticos, sociales y artísticos; otra persona que lea esta obra se fijará más quizás en el triángulo amoroso que se esboza en sus hojas. Con una calidad literaria más que sobresaliente y una capacidad de despertar emociones en el lector sorprendente, con esta obra descubro a otro Casares. Un autor diferente a sus obras infantiles o sus columnas de periódico, pero cercano y conocido.


Crítica completa en: https://alibreria.com/2017/05/18/%E2%...
Profile Image for isaac.
147 reviews3 followers
December 28, 2022
nom lhe quero dar 2 estrelas mas é que o lim todo o tempo num estado de okay está bem escrito atrapa-me um pouco mas a história dá-me bastante igual
Profile Image for Tania.
113 reviews4 followers
December 22, 2023
Aínda que a historia é interesante e trátase dunha gran crítica social, a forma na que esta narrada é demasiado densa.

Os continuos saltos no tempo e a inexistencia de diálogos fan que a lectura pareza tediosa por momentos, polo que para gozar da obra hai que lela con tranquilidade e darlle o seu tempo.
Profile Image for Noelia Dasilva Freire.
91 reviews3 followers
January 30, 2019
Es la primera novela que leo de mi paisano Casares y me ha encantado.
Por supuesto, lo he leído en gallego, y además de disfrutar de un lenguaje tan característico, me ha encantado recorrer muchos sitios de mi Galicia, que aunque no nombra, se reconocen muy bien.
La historia nos lleva al primer tercio del siglo XX, a los republicanos y los fascistas, a los caciques, a la época en la que las mujeres con capacidad para pensar no estaban bien vistas y solo se buscaba un trofeo bonito que mostrar en los actos sociales, a las misas de diario...
Sin duda, todo un espectáculo de descripciones de lugares, personajes y situaciones.
Profile Image for carmen.
126 reviews48 followers
February 12, 2018
3.75. Gran concepto; narración e estilo impresionantes; a historia flúe cunha naturalidade inusual. Aínda así, algúns episodios fanse repetitivos.
Profile Image for SSARA.
24 reviews
May 14, 2024
unha historia moi interesante, unha moi boa crítica social e unha boa forma de contalo... pero non sei... é demasiado longo e reiterativo... a historia principal podería contarse en menos páxinas
Profile Image for LMNV.
38 reviews
August 31, 2021
É entretido e falanos da historia de Galicia e como a vivieron alguns dos nosos antepasados
Displaying 1 - 7 of 7 reviews