Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta.
A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada.
Tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.
Antía Yáñez Rodríguez, nada en Burela en 1991, é unha escritora galega. Enxeñeira de camiños. Reside en Cecebre (Cambre), onde xestiona unha academia e fai obradoiros literarios para rapaces.
En 2018 gañou o premio Illa Nova con Senlleiras. É a historia de dúas mulleres, Alana (moza pobre) e Alda (influencer), en tempos diferentes, comezos do século XX e comezos do século XXI, pero cun mesmo problema, o maltrato dos seus homes. Na obra hai diferentes narradores e intégranse textos xornalísticos, das redes sociais, etc.
"Senlleiras" foi a novela que máis me removeu no que levamos de ano. É deses libros que se les unha frase non podes parar. Eu, que son unha detractora das novelas de misterio, gocei como unha nena da historia detrás da morte de Alda e de todos os fíos que se cruzaban no seu relato. Encantoume a maneira de Antía Yáñez de contar a historia das mulleres dende que son mulleres, baixo nomes concretos, pero en maior ou menor medida, sendo a historia de todas nós.
En conclusión, e supoño que a estas alturas xa vos faredes unha idea, trátase dunha desta novelas que sempre desexei ler. Novela cunha mensaxe pasada, presente e futura, plagada de mulleres, dos seu berros (mulleres que rachan co silencio. Acórdome aquí de Elena Fortún) e dos seus fantasmas. Unha historia intelixente, complexa e sinxela, que nos acerca a unha moza promesa da literatura da que, por favor, espero ler moito moito mais.
Unha novela que pola sinopse pode parecer que vai ser mediocre ou carecer de profundidade, pero que en realidade, aborda un tema moi complexo dun xeito audaz. A maneira na que a autora mestura varias historias e xoga co tempo cronolóxico gustoume moitísimo e axuda a facer unha análise máis suxeita á realidade da situación da muller nos últimos séculos. Un libro que emociona e revolve os sentimentos, e como dixo Antía Yañez, faite pensar no camiño por andar.
Senlleiras é unha obra poderosa e profundamente conmovedora que nos mergulla nas vidas de dúas mulleres de distintas xeracións (Alana e Alda), unidas por lazos familiares e por unha paisaxe emocional marcada pola memoria, o silencio e a loita. Antía Yáñez constrúe con mestría unha narrativa que entrelaza pasado e presente, revelando as feridas que o tempo non logra borrar e a forza que nace da sororidade. Senlleiras é moito máis que unha novela: é un canto á resistencia, á identidade e á memoria colectiva. Unha lectura imprescindible para quen queira entender as múltiples formas de ser muller nun contexto marcado pola tradición, o patriarcado e a necesidade de reconstruírse.
Este libro é historia viva da loita das mulleres. A violencia de xénero e todas as súas variantes (vicaria, doméstica, sexual...) é unha lacra que soportamos dende fai séculos, reflectida nas vidas destas mulleres senlleiras. A simbiose de Alda e Alana non só se da entre as súas historias, as súas casas e os seus maltratadores, senón que reflicte as circunstancias de sometemento e sufrimento de moitas mulleres de hoxe en día. No mundo de Internet, a IA e os rápidos avances, parece que o desenvolvemento tecnolóxico se limita a iso, a tecnoloxía, e pasa a ser unha ferramenta máis de control e dominancia coa que lidiar. Así, vemos que unha influencer pode ter os mesmos problemas ca as doncelas de fai anos e, por desgraza, abrangue a moitos máis ámbitos. Definitivamente é un libro moi recomendable, especialmente para os tempos que corren en que o regueiro de vítimas segue correndo.
En conclusión, e supoño que a estas alturas xa vos faredes unha idea, trátase dunha desta novelas que sempre desexei ler. Novela cunha mensaxe pasada, presente e futura, plagada de mulleres, dos seu berros (mulleres que rachan co silencio. Acórdome aquí de Elena Fortún) e dos seus fantasmas. Unha historia intelixente, complexa e sinxela, que nos acerca a unha moza promesa da literatura da que, por favor, espero ler moito moito mais.
"Hai moito camiño por andar. Moitas mulleres senlleiras que deben ser lembradas. E nós, as que quedamos, os que quedamos, debemos facelo. Para mudar o presente e o futuro, xa que non podemos cambiar o pasado."
Seguramente o mellor libro que vaia ler este ano. Lede a Antía e por favor lede Senlleiras. O pasado grita para que o futuro non chore.
A confirmación de que Antía Yáñez é unha magnífica escritora. Ya nos sorprendera con "O misterio de Portomarín", dirixida ao público infantil. Con esta primeira novela para adultos e adultas, confirma o seu talento.
Unha historia tan estremecedora coma necesaria de contar. Diferentes liñas narrativas en distintos momentos históricos e con diversas narradoras, ben interconectadas nunha gran historia que, como lemos na nota da autora, está máis preta á realidade do que pode semellar. Personaxes nos que é doado ver identificados a perfís de persoas reais, mesmo naqueles ubicados cronolóxicamente un século atrás: coma demostra o libro, os tempos semellan diferentes pero non o son tanto. Novela moi recomendable entre a mocidade (especialmente os homes), nun tempo no que desgraciadamente volve a estar en auxe entre nós a misoxinia e o rexeitamento ao feminismo.
This entire review has been hidden because of spoilers.
Senlleiras é unha obra desgarradora polo tema que trata pero construída con unha absoluta maestría. A capacidade da autora de entretecer as diferentes historias e dignificar as mulleres só merece loubanzas. Gustoume especialmente a capacidade de ir coñecendo todos os acontecementos a través de diferentes olladas e ir abrindo os ollos segundo avanzan as páxinas.
Enganchoume moitísimo. Non é a clase de historia que me adoita gustar, tampouco era o que agardaba cando lin a sinopse, pero realmente non puiden deixar o libro. Son dúas historias duras que, para min, se enlazan perfectamente. Impresionoume moito o libro e teño ganas de seguir lendo a Antía Yáñez
A verdade non esperaba que me gustara tanto. Somos a historia que se repite e a dor que sempre permanece. Ten unha forma moi viva de tratar estes temas.
A historia de Alana e a de Alda, con case cen anos de diferenza, son semellantes e desoladoras a partes iguais. Que pena que nada teña cambiado. Nin no 1929. Nin no 2017. Nin no 2024. Canto camiño nos queda por andar.
Grazas por honrar ás que xa non están, Antía. Menuda aperta máis grande é este libro.
Un libro que non sabes por onde vai ir ata que les o seguinte capítulo… Quedas enganchada dende o primeiro momento intentando entender que ocorre… Un 10/10!! Xa facía tempo que non lía algo asi 💖
Lectura del Club de Lectura de la Biblioteca de Fene.
OPINIÓN DEL CLUB
Este mes fue duro en lo que respecta a las lecturas, porque en los tres clubs hemos leído libros que denuncian la situación de las mujeres. Desde un punto de vista más optimista a la cruda realidad.
Antía Yáñez nos presenta una historia entre dos tiempos. La historia de Alda en 2017 y la de Alana en 1937 (aprox, ya que vamos creciendo con la protagonista).
En sí, durante la reunión hablamos "poco del libro" ya que no nos pusimos a analizar las distintas partes, los personajes, etc (lo que se suele hacer en un club), pero hablamos de lo que trata la historia: todo el sufrimiento, malos tratos, y vejaciones que se sufren y que nos vemos obligadas a enfrentarnos. Como tras un siglo parece que la situación ha mejorado, pero eso no hace que no se deba luchar. Son temas duros, que a todas nos tocan de cerca, porque siempre tenemos una amiga, una hermana, una madre... o nosotras mismas.
Esperamos que la lucha nunca pare y con el tiempo de resultados.
OPINIÓN PERSONAL
Hacía mucho tiempo que no me encontraba con una lectura tan dura. No por la temática, porque es algo que (por desgracia) nos encontramos con frecuencia en las noticias, en la lucha constante, en los libros que lo dejan como un detalle anecdótico y aquellos que lo denuncian.
La crudeza con la que la autora pone los datos delante de la cara hace que una quede con los sentimientos al descubierto. Y si hay una historia similar (todas tenemos alguna, aunque no sea de primera mano), te remueve.
La verdad es que me dejó varios días con los ánimos destrozados, pero porque fue un golpe emocional muy fuerte. La novela es espectacular, no me canso de recomendarlo.
“Senlleiras” é un libro deses que engancha, xa que canto menos nas formas é unha novela de misterio. Cae nalgúns tópicos do xénero, pero está o bastante ben escrita para nos facer dubidar da dirección que van tomar os acontecementos, particularmente aqueles que non teñen que ver coa morte de Alda. Porén, pola súa temática, non é un libro doado de ler. Como home, coido que Antía Yañez saca o peor de nós, e iso é de agradecer. Fai pouco que lin “Vivir na fin do mundo”, e unha das cousas que máis me impactou foi ler o de “polo menos non pega” como o máximo ao que podía aspirar unha muller no matrimonio. E non, en “Senlleiras” todos eles pegan, con independencia do século ou a clase á que pertenzan. Yañez amosa como os nosos comportamentos teñen mudado ao longo deste século só nos aspectos máis superficiais. Doe verte reflexado nestes homes, e nos outros que habitan esta novela dos que pode que só André se salve. O único pero que lle vexo ao libro é a súa parte sobrenatural. Coido que aínda que incrementa o misterio no medio da novela, debilita moito o seu final. Podería poñerme en plan friki e acusar a Yañez de non saber como funcionan as pantasmas. Igual non é tal, pero penso a novela tería quedado igual de ben sen este aspecto. Moi recomendábel.
Unha delas é Alda, unha importante influencer que será atopada morta días despois de subir unha foto as redes que xerou moitas reaccións. E tamén está Alana, cuxa vida transcorre nos primeiros anos do século XX, a quen coñeceremos dende nena cando servía xunto coa súa nai en Vila Chorina, e a quen os libros a facían sentir especial.
A autora fía maxistralmente as súas vidas máis as de outras mulleres. Mulleres que viviron en distintas épocas pero que sufriron o mesmo. Da igual a época ou o nivel socioeconómico da víctima, eles van minando a súa confianza e a estima ata verse envoltas nunha espiral violenta da que é moi difícil sair.
Unha trama onde se entremezcla a intriga, a denuncia e unha presenza sobrenatural. Hai partes especialmente duras que encollen a alma, que reflexan o inferno no que moitas mulleres viven, pero tamén admirei o seu espíritu de loita, a súa fortaleza.
Especial mención merecen o seu Epílogo e a Nota da autora.
Alda Freixeiro, una influencer aparece muerta en la bañera de su piso. En principio se determina que ha sido suicidio pero dos de sus amigos, André y Navia no están convencidos de ello. A esto se hay que sumarle que días antes de su muerte Alda, publicó , en las redes sociales, una foto suya en esa misma bañera... Pero en esa foto se descubre una mano "fantasma" ya que no había nadie más en el cuarto de baño y de la misma Alda no podía ser. Ese es el comienzo de esta maravillosa novela. Narrada en dos tiempos :principios del siglo pasado y la actualidad,en ella hallamos diversos personajes femeninos, todos ellos con carácteres muy bien definidos:Alana, Navia, Alda... A principios del siglo pasado se nos cuenta la historia de Alana, que se fue a servir con su madre a Vila Chorima. Vemos su infancia, su mala relación con su madre,su relación con la señora de la casa y con la gente del servicio.Veremos como de dura era la vida para las mujeres a comienzos del siglo xx y la lucha de algunas para cambiar ese hecho. Desgraciadamente, muchas quedaron por el camino, tras vidas de sufrimiento y maltrato a manos de sus maridos. Es una novela dura que nos hace reflexionar acerca del papel de las mujeres en la sociedad,siempre teniendo que demostrar, siempre teniendo que hacernos valer... La novela está muy bien ambientada. Entre sus líneas te sientes transportado a la Galicia de principios de 1900, vemos su manera de actuar, sus costumbres, las diferenciadas clases sociales, la negación del Gallego, considerándolo como lengua de "Paletos". De verdad, me ha encantado y animo a todo el mundo a que la lea, hombres y mujeres. "Senlleiras" son aquellas personas que merecen ser recordadas. Esas mujeres con nombres propios, con vidas propias detrás de horrendos titulares en los que se narra como perdieron la vida por el simple hecho de de ser mujeres.
En esta obra se reflejan muchos pensamientos generalizados, aún hoy en día como puede ser: "Un hombre es un hombre, si una mujer lo provoca, es culpa de ella (justificando una agresión sexual)" Hábitos que justificamos y pensamos erróneamente que es "amor"( Los celos no son signo de amor, una persona que te dice como actuar, a quien puedes ver y a quien no, no te quiere. Hay muchos tipos de maltrato, y a veces las palabras hacen más daño que los golpes.)
Hay una una cita en el libro que dice:"Educar a una mujer es educar a una sociedad. Educar a un hombre, es educar nada más que a un hombre" y yo creo que es muy cierta.
📍"Desde que hay registros oficiales (2003) y a 17 de mayo de 2018,934 mujeres fueron asesinadas sólo por ser eso, mujeres."
En definitiva :una magnífica novela, perfectamente ambientada y documentada. Trama muy interesante, tan real que nos hace reflexionar... Es una novela de muy ágil lectura, capítulo cortos y narrada en distintos tiempos que siempre mantiene tu interés.
📍Creo que es un libro que todo el mundo debería leer.
Encántame ler historias de mulleres fortes que loitaron con uñas e dentes e se enfrontaron ó mundo para facer realidade os seus soño ou, simplemente, para sobrevivir.
Pois esta tamén é unha historia de mulleres fortes e valentes ás que a vida puxo en situación de inferioridade, de inxustiza, de dor e sufrimento, e onde cada unha delas buscou a súa forma de saír adiante.
Unha historia de mulleres de distintas épocas, de distintas clases sociais, de distinto nivel de estudos, con soños distintos, e que aínda así todas tiveron que pelexar co mesmo inimigo: a sociedade.
Non vos vou contar nada delas porque creo que o mellor é que as coñezades a través da pluma de Antía, que sexa ela a que volas presente e vos faga ilusionarvos, sufrir, enamorarvos, loitar e soñar con todas e cada unha delas.
Pero… si si, a pesares do ben que o pintei todo teño un pero. Pero esta historia non está traducida ó castelán, e paréceme unha auténtica mágoa porque gustaríame recomendávola a todos vos. Como vedes o de aprender galego?
@chuspaixonporler foi un pracer compartir esta viaxe a través dos séculos contigo, especialmente cando tocaba desafogar e respirar antes de seguir.
Las historias entrelazadas de dos mujeres, en momentos diferentes de la historia pero que están atravesadas por conflictos y condiciones muy similares. Una influencer que muere en extrañas circunstancias, una semana después de subir una foto en la que una mano fantasma reposa sobre su hombro. Un siglo antes, el devenir de una mujer de clase trabajadora tras el matrimonio con alguien de una familia acomodada. Dinámicas tóxicas en la relación, limitaciones (auto)impuestas muy parecidas y el patriarcado, el clasismo y la repudia por una herencia cultural tan rica como la gallega.
El libro engancha y enhebra muy bien el discurrir de las dos historias.
Si os ha gustado «Cauterio» es una apuesta segura.
Al principio pensé que sería un libro decente de los que te mandan leer en clase, con frases típicas y sin mucha profundidad. Pero a cada capítulo que pasaba la historia se ponía más interesante y fascinante. Los cambios de narración le daban una atmósfera especial y a cada momento en el que comprendía la importancia de un detalle anteriormente mencionado solo quería seguir leyendo. Este libro me ha ayudado a ver las cosas escritas en gallego como algo que también puedo disfrutar y leer fuera del colegio. Sobre todo porque está ambientada en mi querida ciudad, y me descubrió muchos detalles sobre ella y edificios que ya no existen y que antes desconocía. Definitivamente tiene que ser un libro que se lea en más escuelas.