Jump to ratings and reviews
Rate this book

15.724

Rate this book
Cun enorme poder metafórico, 15.724, unha magnífica novela de Xesús Constela, trasládanos a unha Patria «asentada no lombo dunha ave durmida» que está presidida pola figura do Gran Mariscal e ten como símbolo intocable o armadillo da súa bandeira.A través dunha narrativa distanciada que nos amosa unha xeografía dominada polas Leis do Libro dos Protocolos, o código que «ditaba as pautas, contaba e clasificaba o tempo, sinalaba a velocidade, deseñaba metas e marcaba obxectivos», imos coñecendo esa Patria, na que se desencadea a traxedia de toda unha familia.En Vila Estrelecida, Mamá Monte coida dos seus netos Samuel R., Nube e Gordo.A partir da morte de Nube, o seu xemelgo, Gordo, cae nun estado de aletargamento que cambiará o destino da súa vida e obrigará a Samuel R. a afrontar unhas circunstancias terriblemente difíciles.E mentres Leo K. vai publicando na Gaceta do Val unha serie de artigos de opinión que marcan as pautas da boa ética dos habitantes da Patria, Gordo convértese no centro de atención de todas as olladas.Que pode facer Samuel R. para deter o reloxo e axudar o seu irmán?

248 pages, Paperback

Published January 1, 2014

3 people want to read

About the author

Xesús Constela

13 books4 followers
Xesús Constela Doce, nado en Ferrol o 2 de xaneiro de 1963, é un escritor galego.

Licenciado en Filoloxía inglesa pola Universidade de Salamanca en 1986, onde tamén participou en revistas de creación literaria. Residente na localidade de Poio, en 2011 era profesor de lingua inglesa no ensino secundario público. Foi colaborador habitual do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol entre os anos 2004 e 2009.

En 2008, baixo o título de Como se fixo o primeiro alfabeto, publicou en Edicións Embora a tradución e adaptación de dous contos de Rudyard Kipling. Gañador da XV edición do Premio Torrente Ballester fallado na Coruña en decembro de 2003 co libro de relatos As humanas proporcións, obra publicada pola Editorial Galaxia no ano 2004 e galardoada no ano 2005 co premio da Asociación Española de Críticos Literarios na modalidade de Narrativa en Galego.

As humanas proporcións é unha colección de doce relatos escritos con técnicas diversas. O libro percorre distintas facetas da vida humana: o nacemento e a vellez, o corpo humano cambiante, e tamén a desesperación e a morte, o poder e a procura da liberdade, a violencia individual e a social, o amor e a parella.

No ano 2007 publicou na Editorial Galaxia a novela Libro das alquimias. Concibida coma un agasallo para os seus fillos, a quen está dedicada, presenta a historia dun rapaz que descobre no baixo da súa casa a presenza dun misterioso vello que acabará por cambiar para sempre a súa vida. O rapaz vai asistir, entre outras marabillas, á traballosa construción da Biblioteca de Alexandría e logo á súa decadencia e destrución, e tamén vai coñecer a fascinante vida da matemática e astrónoma Hipatia. Vai saber ben máis do que trae a enciclopedia que consulta decote. E o mecano, que era o seu xogo preferido, vai quedar esquecido no cuarto diante deste novo mundo tan atractivo que se lle abre.

En 2008 resultou gañador do XX Premio de Novela Manuel García Barros do Concello da Estrada coa obra Shakespeare destilado, publicada pola Editorial Galaxia en 2008, unha metáfora irónica en clave humorística sobre o mundo da literatura. Trátase dun extenso monólogo escrito nunha linguaxe directa e coloquial que pon en dúbida a ficción tradicional como convención xogando coa tradición literaria de William Shakespeare.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
2 (50%)
4 stars
0 (0%)
3 stars
0 (0%)
2 stars
2 (50%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 of 1 review
Profile Image for A Librería.
437 reviews106 followers
September 4, 2018
El azar aparece como una fuerza poderosa, lo que da un toque de realismo a esta novela que hila con finura la fantasía con la novela negra. Estamos ante un mundo que casi se podría calificar de distopía y que tiene ciertos tintes de ciencia ficción y novela histórica, por ejemplo en la sociedad que describe. El resultado es sumamente sorprendente y entretenido.

Crítica completa en: https://alibreria.com/2018/09/04/1572...
Displaying 1 of 1 review

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.