No ano 1966, o fermoso e productivo val de Castrelo foi asolagado por Fenosa para construír un encoro, co único fin de acumular enerxía eléctrica para a súa exportación, provocando o éxodo de máis de 8.000 persoas. A loita dos veciños para salvar o val recibiu apoio en todo o país e converteuse nun fito histórico da resiste
Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931 - A Coruña, 2015) traballou como xornalista en La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. A súa actividade profesional foi recoñecida co Premio Galicia de Xornalismo (1985) e coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2003). Membro do grupo literario Brais Pinto, comezou a súa andaina publicando os libros de poemas Ribeirana do Sil (1952) e A noite (1959). Como narrador publicou as seguintes novelas, a maior parte delas no catálogo de Xerais: A morte de Frank González (1975), Morrer en Castrelo do Miño (1978), A saga dun afiador (1980), A ceo aberto (1981), Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981), Reportaxe cósmico (1983), A fraga dos paxaros salvaxes (1985), O minotauro (1989), Agosto do 36 (1991, Premio Xerais de Novela, traducida ao castelán por Alianza Editorial), A cidade das chuvias (1994), O atentado (1999, Premio Losada Diéguez), O último paraíso (2001), Millo verde (2002), Os últimos fuxidos (2004), e Tempo de centeo (2009). Ademais, publicou o libro de relatos Co medo nas mans (1996) e o relato infantil O conto da boa e da mala pipa (1996). De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde (Xerais, 2012) recolle as súas inquietudes mozas. "Ulcis" (Xerais, 2020) publícase postumamente.
lectura para uni q a verdade que disfrutei moitíssimo!! q xula a ecocrítica
a expropiación forzosa da terra q é todo o mundo, q é toda a vida e experiencia da voz nos fala, q é parte dela e da que forma parte, e todo pola lóxica de acumulación do capital e en nome do proghreso no franquismo. a terra é nossa e nom da fenosa