Non se entende moi ben as baixas valoracións. Gran exploración do mundo criminal que se atopa trala morte dun gran empresario en Vigo, que investigará un ex boxeador metido nos cobros de débedas. Boa ambientación do inverno pasado por auga nunha cidade galega e cunha trama moi amena dende a primeira páxina.
Unha das primeiras novelas negras da literatura galega.