Unha novela imprescindible para comprender a evolución da narrativa galega do século XX.
Publicada en 1930, cando o seu autor tiña 42 anos, pódese considerar a biografía espiritual dos homes da Xeración Nós. O seu protagonista, Adrián Solovio, é un dos personaxes que xa figuran no patrimonio literario galego. A súa historia é a da procura da identidade, a da descuberta do que representa Galicia como realidade con carácter e existencia de seu. Rexa, ben construída, cunha prosa efectiva que transmite ao lector unha gran capacidade para visualizar a narración a través dun estilo directo, de frase curta, Arredor de si conseguiu situar a novela galega na vangarda da época.
Ramón Otero Pedrayo é unha das grandes figuras da literatura e a cultura galega. Pertencente á chamada Xeración ou Grupo Nós, do que formaron parte entre outros Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Vicente Risco, Antón Losada Diéguez, etc.
O seu momento de maior esplendor produciuse no marco da Segunda República (1931-1936) cuns obxectivos estratéxicos que definiron a toda a xeración: afirmación da cultura galega nos ámbitos da modernidade, práctica constante da lingua galega como lingua culta en todas as súas manifestacións e formas de creación cultural e literaria, conexión con Europa e o pensamento contemporáneo, defensa da identidade nacional de Galicia…
Otero Pedrayo pertence ao grupo de intelectuais que, sobre todo no primeiro tercio do século XX, construiron o que podemos denominar “a cultura galega da modernidade”. Ensaistas, narradores, investigadores da cultura popular e doutras formas de alta cultura, filósofos, activistas culturais e sociais, moitos deles participaron activamente na política do seu tempo, cuxa principal conquista foi o Estatuto de Autonomía para Galicia, plebiscitado polo pobo galego o 28 de xuño de 1936.
Novelista, narrador, poeta, ensaista, investigador da historia, xeógrafo, orador… A súa obra ocupa un espazo extraordinariamente relevante no ámbito cultural galego, cunha grande influencia nas xeracións que viñeron tras el. Patriarca das Letras Galegas, primeiro presidente da Editorial Galaxia, foco de resistencia galeguista durante a ditadura de Franco, o seu talente liberal e democrático, xunto co seu talento e a súa impresionante formación intelectual, constitúen unha referencia obrigada na historia da nosa cultura contemporánea.
O triste proceso de moitos galegos e galegas. Viaxar física e mentalmente para recoñecernos como colectivo, para ter identidade propia. A historia de Adrián é a de moitos de nós.
Morren os vellos galegos pero sempre nace unha nova xeración que non permite a desaparición da Galiza.
Afastome da visión conservadora de Otero Pedraio, pero si que nos vexo como unha desas partes fundamentais da Europa, na que cada pobo contribuiu do seu xeito. A Europa dos pobos.
“Adrián soñaba que nas cátedras e nos púlpitos volverá a soar a voz de todos os mestres do mundo, e antes que outra, as voces galegas que xermolaban escuramnete na Galicia. Eles ceibarían o espírito da Terra. Adrián, nun ditoso estado de posesión de si, consideraba sen xenreira ás outras terras ibéricas, mandaba un saúdo ao pequeno lugar burgalés onde coñecera a ermida de Nosa Señora das Lavercas, e a tráxica paixón de Toledo. De igual a igual, Adrián pensaba ser o tipo dunha xeración, e con optimismo coidaba que no mesmo inverno outros galegos, todos os ben intencionados, todos os que pensasen con lealdade, chegarían á súa liberación que era a liberación da Galicia en ben da Europa, do Mundo e do Espírito Inmorredoiro.
Aquí remata o primeiro, longo e tráxico estado do vivir de Adrián Solovio. A súa vida desde agora identifícase coa vida da Galicia; xa non é novela, nin experiencia psicolóxica. Xa é historia. Pois a Galicia tamén comeza a ser outra volta historia desque adeprendeu os camiños para atopar a súa conciencia e deixou de andar como unha cega, arredor de si".
“A grande arma da burguesía e do pobo revolucionario, o sentimento común, viña armado de ciencia. Hoxe para entrar na ciencia hai que deixar fóra o sentido común. Xa dous e dous non son catro, nin as leis da gravitación se cumpren como regulamentos dun Universo superiormente intelixente e organizado. O escuro Heráclito volve a ser incoscientemente o nume filósofo do noso tempo.”
EN-CAN-TOU-ME. Ao mellor atópome con ánimos esta semana para explicar por que, pero básicamente pareceume o mellor libro en lingua galega que lin nunca. Resoou moi personal, moderno, e moi actual. Adrián Solovio somos todas as que perseguimos unha adultez adicada ao coñecemento e só atopamos a noite escura da alma. Qué chulada.
A viaxe de Adrián Solovio arredor de si é talvez a viaxe interior que todas nós fixemos ou faremos na nosa descuberta de identidade. O andar paseniño polo mundo fainos ver todo o que temos preto e non valoramos. E así a “Galiza tamén comeza a ser outra volta historia desque deprendeu os camiños para atopar a súa consciencia e deixou de andar, como unha cega, arredor de si”.
edit: A xente de Goodreads fíxome caso xa podedes ver o libro na miña edición facsimilar fermosa.
Foi unha lectura difícil en que a maioría de referencias voaban por riba da miña cabeza (e dou grazas que tiña os apuntes do meu profesor para ir entendendo a estrutura e personaxes da historia). Houbo pasaxes enteiras que quedarán para sempre comigo pola súa beleza e reflexión sobre a Terra, a Galiza. Gustaríame volver rele-la novela dentro dun tempo con máis calma para poder apreciar mellor os seus matices. Creo que é o libro que máis me gustou dos que levo lidos na carreira.
Persoalmente, prefiro O porco de pé de Vicente Risco, pero este eche tamén imprescindíbel para todo galego interesado na literatura e/ou na Galiza. A medida que o iba lendo pensaba en darle catro estrelinhas de ceo, mais os derradeiros capítulos redondean a obra e o conxunto tórnase superior á suma das partes. É verdade que gustaríame máis se Otero centrárase case que só no Adrián «arredor de si», cousa que semellaría máis moderna, rupturista e experimental, pero ó falar de outros cobra todo o seu senso no conxunto rematado e tamén contrasta ben con el e así vémolo mellor coma personaxe enteira mesmamente. Seguen a sobrarme moitas páxinas e moita «literatura» ó uso, con todo. Non son ningún xuíz e os que sentencian con precisión as estrelas que lle dan a un libro aseméllanme tan parvos como soberbios, pero por xogar ó xogo de Goodreads suponho que eu lle daría entre 4 e 4 e media a este pero redondeo a cinco ceibes estrelinhas da noite polas poucas votacións que ten e por subir a media de 3 con algo que ten.
Ó contrario que na crítica do usuario Marci Miller, da que a cita de Kipling si que me representa, a mín as minhas viaxes (unidas a lecturas, experiencias..., en suma, madurez e cristalización da personalidade e do carácter) leváronme a sentirme moi galego (aínda sendo medio francés) e namorarme da lingua e a terra (mar) como nunca antes, cando despreciaba Galicia e todo o galego ou sentíame indiferente. Gústame ter sangue francesa e ter o castelán como a minha lingua nativa, porque así o amor por Galiza, os galegos e o galego móstrase máis voluntario, e por tanto máis real e sincero; sobre todo, gústame qeu isto sexa así para confrontar ós mucho españoles que desprezan Galiza (a que eu elixo) e os galegos cosmopaletos, como moi ben os chama Manuel Rivas, que se avergonhan da súa lingua ou identidade (a mín o que me da vergonha é falar castelán na rúa, sendo galego, con acento galego, estando na Galiza e sendo o galego lingua cooficial e a propia do territorio [ningún profesor de galego vendeume o galego así, unha mágoa]).
Como gosto moito dos paradoxos, quero dicir que viaxar polo mundo fixo que me interesase máis e máis na Galiza e nada máis que na Galiza e vivir en grandes cidades multiculturais fíxome namorarme dos pobos pequenos e enxebres, especialmente costeiros, pero tamén de interior. Certo é que as cidades galegas seguen sen charmarme nadinha, porque nunca me gustaron os termos medios: aldeas ou grandes cidades. Coma as grandes cidades na época da internet e o desmoronamento das artes tradicionais non che son o que eran (París xa non é unha festa e a Madrid xa non van os escritores coma na época de Valle ou Cela), sonche, aquí outro paradoxo, tan cosmopolita (verba moi malinterpretada, pois non quere dicir que un guste de vivir en cidades desalmadas cheas de baleiros estímulos cosntantes e xente de todas partes, senón ter recorrido diferentes países e mostrarse aberto, conhecedor preferiría dicir eu, a outras culturas e costumes [non necesariamente querer formar parte delas senón entendelas, tolerálas, pero logo un pode ter unhas prioridades tradicionalistas e preferir, con moito no meu caso, un pobo galego cheo de galegos e onde se fale galego a Londres ou Nova York]) como ferventemente localista.
Sempre esta ben buscar nas orixes dun mesmo para se coñecer ou encontrar a sua identidade. Esto e o que lle pasa a personaxe despois da sua aventura espiritual, de busqueda de respostas a preguntas existenciais - especialmente saindo da sua terra e aprendendo doutras identidades doutros paises para irse conecendo mellor asi mesmo. Un pouco como o verso de Kipling: And what should they know of England who only England know?
Ainda que as minas viaxes levaronme a conclusions opostas ou autor - polo momento, hai que dicir - valoro este libro coma un bo exemplo dos beneficios de viaxar a concer outras xentes para se conecer mellor a um mesmo; e etamen un valioso testimonio para entender mellor a evolucion de nacionalismo galego. Non coincido con eles, pero e bo leer o que dicen, e facerse unha idea de como chegaron onde estan.
Gustoume btt a verdade, ten cachos moi densos pero en xeral non é unha novela que se tarde moito en ler, agora, de entender xa é un pouco máis complexa. Gustoume moito o estilo de escrita de Otero Pedrayo.
Un recorrido pola cultura, ciencia e filosofia europea con Adrián no seu proceso de formación que nos fai sentir como calquera galego en calquera momento da nosa existencia para acabar apreciando o noso...
Está escrito nun galego moi rico e ten certas reflexións interesantes. Tamén fai unha boa analise de certas características da Galicia da época. Mesmo e así a prosa é lenta e algo aburrida, moito monólogo
"Arredor de si" es un libro interesante para reflexionar sobre el valor que tiene lo cercano y propio, frente a las culturas y lugares lejanos, que tendemos a considerar siempre como superiores. Esta novela es pausada, poética, introspectiva, muy metafórica, intelectual y un largo etcétera por lo que, desde mi punto de vista, es idónea para esos momentos en los que buscamos profundidad en nuestras lecturas. Quizá es mejor posponer su lectura si necesitamos una novela rápida y entretenida en ese momento, pues se nos puede hacer un poco densa.