Elisabet Ríos Liste, coñecida como Eli Ríos, nada en Londres en 1976, é unha escritora galega.
Trasladouse con poucos anos ás terras de Ordes e, despois dun periplo por diversos territorios da lusofonía (Porto, Lisboa, Azores, Cabo Verde), instalouse en 2003 ao pé do Castro de Elviña. Actualmente, desenvolve a súa actividade desde Cambre, A Coruña.
Colabora en diversas obras colectivas, realiza obradoiros de escrita, contacontos infantís e forma parte da revista dixital de crítica literaria A Sega. En 2018 colaborou na revista Ligeia.
A interacción entre as persoaxes é infantiloide ata extremos insospeitados, sendo elas ademáis intercambiables e carentes de personalidade. Inferir quen está a falar constitúe, en ocasións, todo un reto.
Sen entrar en moito detalle: que marabilla o momento “precisariamos tempo e iso é o que non temos” despois de impartir unha clase de Bioloxía que ninguén pedira.
A trama cae en incoherencias constantemente. Semella máis un boceto que algo meditado. A resolución da trama e a caracterización da persoaxe antagonista parte de clichés ben manidos…
E ata aí, por non lle adicar máis tempo a falar desta obra. Agradezo a curta extensión, iso si!
Entre 2 e 3 estrelas máis ben, pero acababa de poñerlle 3 a Gospodínov e como era mellor…
Historia de amor na noite de fin de ano dun futuro distópico. A favor: engancha moitísimo (lino do tirón, tería lido como a metade pero foi imposible de deixar) e ten certa orixinalidade. Pero non acaba de desenvolver ben a idea principal da trama e resulta todo demasiado inverosímil, incluso para unha novela de ciencia ficción. Sobre todo, falloume moito a motivación do malo malísimo (coido que un requisito para que un libro sexa bo é ter un bo malo).
En conxunto, entretido pero quedou un pouco a medias.
Novela fácil de leer por el formato corto de los capítulos. Esa brevedad, a su vez, hace que no se desenvuelva por completo toda la trama. La historia que cuenta es interesante pero no se desarrollan bastantes aspectos debido a la brevedad citada.
A través de Andre e Morgan, a autora vainos levando da man, con capítulos breves que incitan á acción, para presentarnos unha situación do máis alegórica sobre o mundo actual, no que a ciencia se pon sempre ao lado do diñeiro e poucas veces ten en conta as persoas e os seus desexos. A novela torna, pois, nunha deconstrución destes dous personaxes que deben axudarse nunha situación límite que se desenvolve no ano 2030 pero que ben podería ser no presente. Precisamente, nesta naturalidade para falar do terror desde o cotián é onde radica a novidade no tratamento desta novela, que se presenta como xuvenil pero que ben poderían ler todas as persoas que queiran reflexionar sobre o mundo actual e as distopías reais, e na que tamén se referencia a dicotomía entre amor e sexo.
Esta novela é vítima do seu formato, pois, debido á súa brevidade, non acaba de desenvolver algúns dos temas que trata. Aínda así, é loubable o desenvolvemento e a profundidade das dúas personaxes protagonistas, Morgan e Andre, que son o que máis me gustou, sobre todo polo fito que consegue a autora ao non mencionar en ningún momento nin o sexo nin o xénero, motivo polo que nin sequera coñecemos a súa sexualidade, mais aló de que son alosexuais, pois a erótica é unha parte importante desta novela. Así, cada quen decidirá o aspecto de ambas as personaxes durante a lectura. É algo que nunca antes vira e que me pareceu moi interesante. Ademais, coido que é un acerto que a primeira parte se desenvolva na normalidade dun futuro posible. Así, a segunda parte resulta bastante crible, aínda que a min me faltou algo máis de explicación no que respecta aos motivos e o proceso. En canto ao espazo, faltoume ver un pouco máis da Coruña nel. Non esperaba un percorrido turístico, mais si sentir que recoñecía o lugar, máis aló de que me dixesen onde acontecía a trama, mais realmente podería acontecer todo en calquera lugar. En suma, esta novela ofrece un breve entretemento e contén algunhas ideas moi interesantes que me gustaría que estivesen máis desenvolvidas.
Teño que confesar que esta novela sorprendeume vindo de ti, e habendo lido algunas das tuas novelas anteriores. É como outro extremo totalmente distinto. Ou non... 🍃 Dx é unha novela xuvenil pero moi apta para todos os públicos. Como xa son fan perdida de #Elirios decidin leelo ainda que non son nada da literatura de ciencia ficción. Zampei o libro en nada de tempo. Gustoume moitisimo, e coma os demais libros que lin de Eli, alucinei ca cantidade de cousas que é capaz de tocar, e contar en tan pouco texto. Esta é unha novela que obriga a pensar en tomar certas decisións, e tamen a ordenar a notas preferencias na vida. Encantoume, ainda que non é o libro que mais me gustou dela. Pero de Eli hai que leelo todo!! . Destacar esa portada maravillosa da entrada a cidade da Coruña. A foto parece feita dende a Universidade e a min axudoume moito a meterme ainda mais na historia. 🍃 "A provocación e o climax ten nome de André. A boca percorrendo o camiño da éxtase. A lingua incitando os nervios ate desfalecer o mesmísimo sistema límbico. O pracer en estado puro. E o orgasmo chega sen avisar , sen poder contelo ni retelo. "
Dáme pena pero foi un libro flojísimo. Os personaxes moi superficiais, a trama un pouco rebuscada, e moitos pequenos detalles estraños na prosa (un capítulo que se repite dúas veces dende dous puntos de vista, pero sen ningún engadido interesante entre eles, personaxes que mudan de opinión e personalidade en cuestión de parágrafos, o final súper apurado...) Quizais se fora máis longo se salvaría, polo menos pra dar tempo a explorar aos protas (e profundizar no antagonista, que ten como 4 líneas de diálogo en total!!!!). O que o salva é que está ben escrito e usa un galego bonito. Quizais sería unha boa lectura pra rapaces de instituto, aínda que non sei como sería recomendarlles un libro con 3 escenas de sexo nas primeiras 30 páxinas lmao
Leí el libro a raíz de unas jornadas en las que participaba Eli y en la que explico que escribió el libro "sin género". Me pareció tan tremendamente curioso y complicado que me lo leí esa misma semana. Solo puedo decir que es cierto y que es genial. La trama del libro me gustó, aunque es cierto que echo de menos más. Más detalles, más explicaciones, pero aún así me gustó