Jump to ratings and reviews

O bestiario científico de Anxos Nogueirosa

1933. Aos seus trece anos, Suso é obrigado a pasar o verán nas colonias do Sanatorio Marítimo de Oza por mor da súa mala saúde. No traxecto en tren cara ao seu destino estival, chega ás súas mans un caderno cun misterioso título na cuberta: Liber bestiarium scientificus. Cando Suso decide mergullarse nas súas páxinas, lonxe está de saber que ese intre marcará un verán cheo de aventuras na compaña de Tila, unha rapaza das colonias coa que acabará forxando unha bonita amizade.

I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil

253 pages, Paperback

First published January 1, 2018

Loading...
Loading...

About the author

Antonio Manuel Fraga

18 books39 followers
Antonio M. Fraga é un escritor galego nado en Pontedeume en 1976.
Estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol, mais a vida teimaría por levalo cara ao eido das letras.
Xa asentado no coruñés barrio de Monte Alto, en 2013 gaña o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra "O Castañeiro de Abril" (Xerais).
Posteriormente publica outros títulos dirixidos ao lectorado infantil e xuvenil, tales como "No corazón da balea" (Tambre-Edelvives), "Papá caníbal" (Xerais), "Ningunha estrela levará o meu nome" (Oqueleo), "Como escorrentar un lobo" (Cuarto de Inverno) ou "Mica, Cuarzo e Feldespato" (Triqueta Editora).
En 2015 gaña o I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica coa novela "Querido H.P. Lovecraft" (Urco Editora), obra pola que consegue tamén o Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria en 2017.
En 2018 gaña o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, convocado polo Concello de Pontevedra, con "O bestiario científico de Anxos Nogueirosa" (Xerais), acadando con esta mesma obra o Premio da Gala do Libro 2019 á mellor obra xuvenil. En 2022 foi incluída da Lista de Honra IBBY do ano 2022.
No ano 2020 gaña o XII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, convocado por Edicións Xerais de Galicia, coa obra "santoamaro", novela seleccionada na lista White Ravens de 2021 elaborada pola Internationale Jugendbibliothek de Múnic e que tamén foi distinguida co Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Xuvenil do ano 2021.
Con "Askja" (Xerais, 2025) consegue o Premio Literario Pinto e Maragota, que ten como finalidade eliminar os prexuízos e as invisibilidades que afectan a diversidade sexual e de xénero.
Algúns dos seus títulos foron traducidos a idiomas como castelán, inglés, catalán ou eúscaro.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Antonio M. Fraga es un escritor gallego nacido en Pontedeume en 1976.
Estudió Ingeniería Técnica Industrial en Ferrol, pero la vida se empeñaría en llevarlo hacia el campo de las letras. Ya asentado en el coruñés barrio de Monte Alto, en 2013 gana el Premio Merlín de Literatura Infantil con la obra "O Castañeiro de Abril" (Xerais).
Posteriormente publica otros títulos dirigidos al público infantil y juvenil, tales como "O capitán Maimiño" (Tambre-Edelvives), "Papá caníbal" (Xerais), "Ningunha estrela levará o meu nome" (Oqueleo), "Como escorrentar un lobo" (Cuarto de Invierno) o "Mica, Cuarzo y Feldespato" (Triqueta Editora).
En 2015 gana el I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica con la novela "Querido H.P. Lovecraft" (Urco Editora), obra por la que consigue también el Premio de la Crítica Galicia de Creación Literaria en 2017.
En 2018 gana el I Premio María Victoria Moreno de Literatura Juvenil, convocado por el Concello de Pontevedra, con "O bestiario científico de Anxos Nogueirosa" (Xerais), alcanzando con esta misma obra el Premio de la Gala del Libro 2019 a la mejor obra juvenil. En 2022 fue incluida de la Lista de Honor IBBY del año 2022.
En el año 2020 gana el XII Premio Jules Verne de Literatura Juvenil, convocado por Edicións Xerais de Galicia, con la obra "santoamaro", novela seleccionada en la lista White Ravens de 2021 elaborada por la Internationale Jugendbibliothek de Múnich y que también fue distinguida con el Premio Follas Novas al Mejor Libro Juvenil del año 2021.
Con "Askja" (Xerais, 2025) consigue el Premio Literario Pinto e Maragota, que tiene como finalidad eliminar los prejuicios y las invisibilidades que afectan a la diversidad sexual y de género.
Algunos de sus títulos fueron traducidos a idiomas como castellano, inglés, catalán o euskera.

Ratings & Reviews

What do you think?

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
18 (47%)
4 stars
10 (26%)
3 stars
8 (21%)
2 stars
2 (5%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 4 of 4 reviews
Profile Image for Irene Surfeira.
79 reviews10 followers
August 4, 2020
3,5⭐
Está ben. Hai cousas que non me convenceron, mais estou segura que hai 2 ou 3 anos o tivese desfrutado totalmente. Ademais está moi ben escrito (descricións marabillosas) e a época na que está ambientado e as partes do Bestiario de Anxos son moi guais.
Profile Image for Lara.
467 reviews13 followers
October 9, 2023
4.5

que gozada de libro! entre a ambientación (poucos libros teño lido que ocorran na 2ª República), a escrita, os personaxes entrañables e carismáticos, o toque de realismo máxico... quería que a Suso e a Tila lles fose o mellor posible na colonia e que os seus plans saísen ben.

tamén creo que non é sopresa co meu historial con Jonathan Strange & Mr Norrell e Un faro na escuridade que gostei moito dos capítulos do caderno. adoro a personalidade de Anxos e a estraña dinámica que forma con Xulia e Salvador. quería saber máis dela, pero entendo que ese tampouco é o punto do libro. a historia é de Suso e de Tila, Anxos xa tivo o seu tempo de expedicións (aínda así non me molestaría un spin off das súas aventuras ou calquera contido sobre ela 👀👀👀). reafirmo o meu amor por este tipo de personaxes "the Raven King".

conclusión: moi bo libro. algúns detalles non me convenceron pero iso é normal.
Profile Image for Tensy Gesteira estevez.
543 reviews63 followers
January 10, 2019
Leo marabillada o último libro de Antonio M. Fraga, titulado O bestario científico de Anxos Nogueirosa, e debátome de novo arredor do poder das descricións do tempo e do espazo para recrear unha historia que nos emocione coma cando eramos cativos. Nel descubro esa ollada preocupada polas tradicións, por un mundo rural que xa se foi e pola loita das mulleres por conseguir ter os mesmos dereitos que os homes. Iso si, todo elo tamizado baixo o elo da literatura xuvenil e dunhas descricións que nos deixan coa boca aberta.

Recensión completa aquí: https://lecturafilia.com/2019/01/08/o...
Profile Image for uxi.
50 reviews3 followers
December 7, 2019
Me gustó mucho este libro. Leyendo, revivo mis horas de niña pequeña, y aunque aun no soy tan mayor, me parece que leer este libro hace que te olvides de que tu edad es la que es, y pases a volver a crecer a medida que el libro avanza. El personaje hace que empatices con la historia, y es muy bonito ver el desarrollo de la trama. Me ha encantado que haya influencias sobrenaturalrs en la historia, ya que me recuerda a cuando era pequeña y me veia en la ilusion de creer.
Displaying 1 - 4 of 4 reviews