O patriarcado non acouga. Adáptase aos novos tempos
Tempos de submisión, seica. Ou non. Tempos en que o silencio xa non pode ser cómplice, senón de toma de conciencia. E o ser humano toma conciencia do que pasa a través das palabras, por iso as verbas son tan importantes, e por iso cómpre atopar as verbas precisas para nomear a realidade e explicala. E por iso é importante falar de feminicidio. Por que non? Porque é un feminicidio o que está acontecendo.
Mais non é este só un libro de palabras, porque, como di a autora, coñecida e importante intelectual galega no eido do pensamento feminista, as palabras teñen carne. E as mulleres son de carne e son reais. Como o patriarcado que, entre todas e todos, debemos entender para poder combatir.
Interesante. A autora incide moito en non esencializar o debate, fala de mulleres (non muller) e de feminismos (non feminismo). Tamén procura mencionar achegas queer e nomea distintas aproximacións feministas aínda que sexa só de pasada. Gústame e alíviame ler libros desde a academia que intentan plantexar este debate desde posicións non universalistas e alomenos algo máis interseccionais, sobre todo tendo en conta o reaccionarismo e nula inclusividade que por desgraza domina o "feminismo" académico máis visible no Estado.
Leímos este libro en el club de lectura feminista de la asociación cultural Alexandre Bóveda en 2018, cuando salió. Me gustó mucho y en especial una idea me pareció de una extraordinaria lucidez: cuando empezamos a dudar del pensamiento hegemónico, es fácil caer al vacío del relativismo absoluto. Por eso es fundamental elegir los valores que van a regir nuestro camino y aprender a explicitar los que se encuentran detrás de cada discurso o, más importante, cada acto, para así saber si están o no alineados con los nuestros. Y Carme Adán lo explica muy bien en una sola página. Una pega: la edición (la mía es la primera) era terrible, muy probablemente hecha con prisas para sacarlo antes de aquellas navidades. Espero que la hayan mejorado.
Definitivament és un llibre imprescindible per a la teoria feminista. El seu objectiu és teoritzar i reflexionar sobre la violència contra les dones i ho fa de manera molt entenedora. Carme Adan recopila les conquestes del passat donant valor a les feministes protagonistes, analitza el present del feminisme i proposa com enfrontar el seu futur. Amb aquest llibre he après, m'he qüestionat i m'han entrat ganes de seguir en la lluita. El futur és feminista!