Jump to ratings and reviews
Rate this book

Memoria do silencio

Rate this book
Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade.Novela a tres voces que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial.Eva Mejuto regresa á narrativa xuvenil con Memoria do silencio, finalista do Premio Jules Verne, logo da súa incursión con 22 segundos (Xerais 2017).

151 pages, Paperback

First published January 1, 2019

6 people are currently reading
38 people want to read

About the author

Eva Mejuto

30 books8 followers
Eva Mejuto é doutora en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela cun traballo sobre o realismo social no álbum ilustrado: Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas. Traballou na editora Kalandraka ata 2004, en OQO Editora ata 2016. En 2017 coordina o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. En 2018 forma parte do proxecto "Capicúa de xestión cultural e proxectos".

A súa especialidade é a literatura infantil e xuvenil. Ten realizado cursos de formación sobre libro-álbum e exercido a docencia no Máster Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Participa habitualmente en encontros co alumnado dos colexios.

É autora de diversas adaptacións de contos tradicionais a álbums ilustrados, traducidos a máis de dez idiomas. En 2017 publicou 22 segundos, narrativa para adolescentes.

En 2019 publicou en Xerais Memorias do silencio, unha novela que se desenvolve en Galicia durante a Segunda guerra mundial.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
16 (11%)
4 stars
43 (30%)
3 stars
61 (43%)
2 stars
12 (8%)
1 star
8 (5%)
Displaying 1 - 14 of 14 reviews
23 reviews
April 3, 2025
Bastante sin más. Se sintió como leer un libro del cole, tanto por la narrativa como porque hacía tiempo que no leía en gallego, las cosas como son. Aunque me encantó leerlo en gallego, en castellano perdería muchísimo su esencia.

No pasa gran cosa y termina de sopetón cuando empezaba a ponerse interesante :(

Los personajes son buenos pero falta desarrollo, y a veces se hace molesto lo forzadas que están las reivindicaciones y críticas... O sea yo quería leer una historia, no personajes criticando todo el rato el régimen y las desigualdades.
Profile Image for Marnie.
414 reviews15 followers
December 3, 2022
Que dios me perdoe polo que vou dicir pero Gunther o nazi podíame facer o que quixera
Profile Image for Lucía.
64 reviews
March 26, 2025
3'5 o que máis me gustou foi a ambientación en Ribadavia. O que menos, que cada dous párrafos tivera que ler un "o meu olfato non falla"
Profile Image for Vickyperiwinkle.
104 reviews4 followers
May 1, 2024
Me ha parecido un libro estupendo, estoy deseando ver qué opinan las chicas del club de lectura.
Eva ha juntado a cuatro mujeres luchadoras en su historia y les ha dado humanidad y reconocimiento. Humanidad porque, además de ser solidarias y luchar por los derechos de los demás, no son sólo eso. Me quedo con los detalles de hacer comida apta para aquellos que pasaban por su casa, el cariño, la música y las risas cómplices.
This entire review has been hidden because of spoilers.
Profile Image for Lucía Nicolino .
70 reviews
November 24, 2024
Dos mellores libros de literatura xuvenil que teño lido ultimamente. Baseado todo en feitos reais, a historia preséntanos ás irmás Touza, unhas mulleres, que como a maioría de mulleres, aportaron moito á historia do país e son totalmente silenciadas. O final da historia, sorprendente, xusto e inesperado ao mesmo tempo. Moi recomendable!
Profile Image for Cris.
12 reviews
August 1, 2025
Lectura mui xuvenil de insti, no seu momento guataríame máis. Non obstante é super interesante coñecer historias (basadas na realidade) de galegas que axudaron a xudeus durante a WWII. Recomendada para adolescentes que queiran achegarse á historia.
Profile Image for Mirian Casas.
284 reviews4 followers
January 21, 2021
Encantoume! Sobre todo saber que está basado en feitos reais e que a pesar de todo o malo desa época, había xente boa que arriscaba a súa vida para loitar polo que era xusto.
Displaying 1 - 14 of 14 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.