Ninguén fai unha carreira para limpar inodoros. Olivia, despois dun expediente brillante ten que marchar de Compostela e instalarse en londres onde atopa traballo de ou pair nunha familia de clase media. Sempre lle dixeron que lle iría ben se se esforzaba, se estudaba unha carreira de ciencias, se seguía as regras establecidas e agora sente que o que lle ensinaron é unha grande estafa tanto no eido laboral como no persoal. O móbil e as redes sociais conéctana coa súa vida anterior, mentres se perde nunha cidade de oito millóns de persoas, soa, cun coñecemento precario de inglés e limpando unha casa e un laboratorio, en lugar de traballar nel. A primeira persoa que se preocupa por ela aparece ao día seguinte nos xornais despois dun accidente na estación de tren de Croydon. Samuel foi unha casualidade nun deses días solitarios en que Olivia visita o Museo Británico. Un rapaz que se lle achega, que a fai sentir ben e que toma unha decisión para a que ela precisa respostas. Unha novela da vida que nos di que un simple aceno pode desencadear unha metamorfose. E que pasa cando isto sucede?
Ao son da música inglesa, das bolboretas, do té e do po laranxa, constrúese unha historia que son en realidade moitas outras, cun gran dominio da linguaxe metáforica, icónica e, quizais, con múltiples significados. Quixera centrarme neste último adxectivo, pois Os bicos feridos defínese en si mesma coma unha novela poliédrica na que atopamos moitísimas reflexións sociais impregnadas dun gran lirismo, o que fan que debamos estar atentos para non perder o fío do que se nos quere contar.
Este libro non é para todo o mundo, consideralo bo ou non depende en boa medida dos gustos da persoa que le, xa que non se basea tanto na historia que conta como na narrativa que usa para contala. Para quen guste de obras que examinan a psicoloxía das personaxes resulta imprescindible. Para quen odie esa clase de obras non é un libro moi recomendable.
OS BICOS FERIDOS. Anna R. Figueiredo. Como tantos otros chicos, Olivia, compostelana, lleva seis meses en Londres intentando labrarse un futuro. Pero su insustancial vida y la de aquellos que la rodean en esa ciudad en la que nadie parece ser «nativo» cambiará después de la extraña muerte de Samuel, un chaval al que conoce unos días antes por casualidad. Afectada también por lo que sea que mató a Samuel y sintiéndose peor a cada minuto, buceará durante unos días en la vida del chico para entender qué le pasó y qué le está pasando a ella. Una historia original, sugerente (apela continuamente a los sentidos) y bien escrita. Aunque el desenlace falla, a historia es atractiva y el desarrollo nada predecible.