Jump to ratings and reviews
Rate this book

Memorias dunha vaca marela

Rate this book
"Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e marota...". Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida. Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia a explotación industrial. Desde o traballar xunguidas ao carro e ao arado, ao tractor con aire acondicionado e música estereofónica; desde o pacer no monte, a aparición do pastor eléctrico e a estar todo o día estabuladas; desde a chegada das vacas pintas, á desaparición das vacas marelas. "Eu son a única vaca marela, a única vaca da casa que queda no lugar de Lucenza". E A Cachorra cóntao todo con ollos que o viron e sabiduría de telo vivido. Desde os anos que se facían cartos vendendo o leite á ruína dos gandeiros e o peche continuo das granxas. Nesta historia inventada, pero tremendamente real, descríbese tamén a transformación e o declive das aldeas. Coa mestría de narrador singular que é Afonso Eiré, de quen coñece do que fala e sabe contalo para enchernos de lembranzas. Tamén nos alporiza e nos enche de carraxe... Ou nos fai soltar unha gargallada. A vida mesma, os amos retratados por unha vaca!. A Cachorra fálanos dun tempo que foi e dun tempo que pasa. Memorias dunha vaca marela: o libro que as lectoras e lectores estaban agardando e que nunca esquecerán, pois ollaranse nel, dun xeito ou doutro, retratados. Deixouno escrito Castelao: "O día que saibamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida".

240 pages, Unknown Binding

Published January 1, 2018

3 people are currently reading
14 people want to read

About the author

Afonso Eiré

15 books2 followers
Afonso Eiré López, coñecido como Pucheiro, nado na Laxe (Chantada) o 15 de febreiro de 1955, é un xornalista e escritor galego.

Estudou no Seminario de Lugo. Aos 14 anos comezou a colaborar en El Progreso e aos 16 dirixiu a revista xuvenil O Cabeceiro. Estudou xornalismo na Universidade de Madrid. Colaborou en diversos medios de carácter estatal. En 1977 comezou a traballar en A Nosa Terra encargándose das páxinas deportivas. En 1981, despois dunha crise encargouse de remodelar o semanario e formar un novo equipo e entre 1983 e 2007 foi o seu director. En 2007 ascendeu a conselleiro delegado de A Nosa Terra. Actualmente e comentarista político e presidente da Fundación A Nosa Terra.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
12 (66%)
4 stars
6 (33%)
3 stars
0 (0%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 2 of 2 reviews
Profile Image for Ángela F. Piñeiro.
3 reviews3 followers
April 30, 2021
Doulle esta puntuación porque aínda que me gustou moitísimo, tamén me costou collerlle o punto ao principio. Notaba como se lera e non avanzara, como se non pasara nada. Creo que esa tamén pode ser a graza do libro, da calma que había ao principio da vida da vaca.
O libro pareceume maravilloso porque relata unha realidade, unha vivenza do que pasou en Galicia co sector lácteo, a modernización da vida rural, dunha forma fácil de entender para calquera.
Este libro, aínda que contando unha historia ficticia, propia, adaptouna á realidade, de xeito que calquera a puidera ler e entender.
Displaying 1 - 2 of 2 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.