What do you think?

Remexido de patacas
A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea.
Cuns sinxelos ingredientes e unha elaboración nada sofisticada podes cociñar as estadas necesarias para cambiar as referencias que nos transmitiu a historia e que son incompatibles coa vida.
Ingredientes: equidade, empatía, sororidade e disidencia.
Elaboración: abrir as páxinas da novela, ler para divertirse, reflexionar sobre o seu contido e, antes de pechala, procurar que o pouso non esvaeza.
Non é necesario engadirlle prebe ningún. A retranca e o humor xa son excelentes condimentos. Úsaos ao gusto.
Goza da lectura e, se che gusta, comparte esta receita na túa rede social favorita!

84 pages, Mass Market Paperback
First published February 1, 2019
About the author
Eli Ríos
18 books8 followersElisabet Ríos Liste, coñecida como Eli Ríos, nada en Londres en 1976, é unha escritora galega.
Trasladouse con poucos anos ás terras de Ordes e, despois dun periplo por diversos territorios da lusofonía (Porto, Lisboa, Azores, Cabo Verde), instalouse en 2003 ao pé do Castro de Elviña. Actualmente, desenvolve a súa actividade desde Cambre, A Coruña.
Colabora en diversas obras colectivas, realiza obradoiros de escrita, contacontos infantís e forma parte da revista dixital de crítica literaria A Sega. En 2018 colaborou na revista Ligeia.
Apoia o BNG (Bloque Nacionalista Galego).

Ratings & Reviews
Friends & Following
Create a free account to discover what your friends think of this book!
Community Reviews
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
October 22, 2025
Por algunha razón Amazon borroume a recensión. Non recordo todo o que dixen. Non hai que deixarse enganar polos paratextos (a portada fai que pareza LIX, a sinopse leva a engano en canto a trama/estilo e os prólogos, en xeral, había que abolilos). O libro gustoume bastante pero lioume o cambio de narrataria polo medio sen ningún tipo de xustificación. Pero vamos, que paga moito a pena.
This entire review has been hidden because of spoilers.
April 8, 2021
Pois levo uns días reflexionando sobre este libro. De que me gustou e de que é moi potente non teño dúbida, pero quería deixalo repousar para saber onde estaba o truco: que me contou?, que entendín eu?
Porque este libro é un auténtico espectáculo de ilusionismo e se volves para atrás podes comprobar que non che contou o que ti leches. Maxia? Pode ser.
As interpretacións que fixen mentres ía lendo foron cambiando, pero ao final co que me quedo é que, igual, todas son válidas.
🔹
Estamos ante outra historia de mulleres maltratadas, que sufren, que aguantan... Pero non é unha historia máis porque tamén nos mostra a sororidade na súa máxima expresión e porque está contada dunha maneira única, insinuando, ironizando, xogando con nós... Ou non...

April 26, 2023
[GAL] Penso que nunca lera un libro que abordase a violencia de xénero do modo en que Eli o fai en "Remexido de patacas". Paréceme fantástica a capacidade que ten de abordar unha temática tan delicada a través do humor e da sátira, pero sen caer na mofa e no mal gusto. Como gocei con este libro e pesar de narrar acontecementos tan atroces! Que protagonistas tan simpáticas e tan humanas. Ana e Pili poderiamos ser calquera de nós, tanto pola maneira en que actúan como porque, desgrazadamente, viven situacións que calquer de nós podería vivir.
Non sei se pode chegar a considerarse realismo máxico ou non. Ata case o final tiña claro que si, pero agora mesmo Eli conseguiu que dubidase ata de min mesma! O que si teño claro é que algo de maxia e fantasía hai neste libro, e que cada lectora as interprete como prefira.
[CAS] Pienso que nunca leyera un libro que abordase la violencia de género del modo en que Eli lo hace en "Remexido de patacas". Me parece fantástica la capacidad que tiene de abordar una temática tan delicada a través del humor y de la sátira, pero sin caer en la mofa y en el mal gusto. ¡Cómo disfruté con este libro e pesar de narrar acontecimientos tan atroces! Qué protagonistas tan simpáticas y tan humanas. Ana y Pili podríamos ser cualquiera de nosotras, tanto por la manera en que actúan como porque, desgraciadamente, viven situaciones que cualquiera de nosotras podría vivir.
No sé si puede llegar a considerarse realismo mágico o no. Hasta case el final tenía claro que sí, ¡pero ahora mismo Eli consiguió que dudase hasta de mí misma! Lo que sí tengo claro es que algo de magia y fantasía hay en este libro, y que cada lectora las interprete como prefiera.