A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade, a compaixón polas persoas inocentes e tristes, a certeza da vulnerabilidade. Nese triángulo de furias afírmase a Rosalía feminista. Dálle voz á moza, á violada, á solteira, á vella, á nai obrigada a deixar o fillo só, ás mulleres confinadas entre o amor romántico e unha idea estreita de familia. Avisa dos perigos do gaiteiro da festa, do emigrante que non ha volver, da violencia do poder. Defende a xustiza pola man. E crea a viúva de vivo: esa muller soa, sen rostro, sen amor e tamén sen amo que resolve, como unha Penélope navegante, deixar de agardar.
María Rosalía Rita de Castro, better known as Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 24 February 1837 – Padrón, 15 July 1885), was a poet, novelist and Galician nationalist ("Probe Galicia, non debes / chamarte nunca española" ["Poor Galicia, you should never / called yourself Spanish"]).
Contemporary feminism has trumped her as a pioneer. For her novel "Daugher of the Sea" (1859), she wrote in the prologue, "Because it is not yet allowed for women to write about what they feel and what they know".
A native of Santiago de Compostela in the Galicia nation or "historic nationality" of northwest Spain, she wrote in both Galician and Castilian.
Writing in the Galician language, after the Séculos Escuros (Dark Centuries), she became an important figure of the Galician romantic movement, known today as the Rexurdimento ("renaissance"), along with Manuel Curros Enríquez and Eduardo Pondal. Her poetry is marked by 'saudade', an almost ineffable combination of nostalgia, longing and melancholy.
She is considered the most important female poet of Spanish history, and, along with Gustavo Adolfo Bécquer, one of the best Romantic poets of Spain.
É Rosalía: máxica, admirable e indescriptible. Adoro a súa forza poética, a maneira na que describe o ambiente rural, o cariño que mostra ao escribir acerca de Galicia, acerca dos galegos, acerca das galegas... Adoro todo o que escribe, adoro a súa poeticidade, adoro a ela. Non me cansaría de explicar todo o bonito que me fai sentir, todo o que me consigue transmitir. É Rosalía, a miña querida e amada Rosalía.
Se penso na orientación feminista da escritora gustoume máis a novela "La hija del mar". Nela denuncia con claridade a inxustiza, a violencia contra as mulleres dunha forma moi ben enfiada coa historia que relata. Esta escolma está ben para ler outra vez os poemas coñecidos baixo outra perspectiva. Quizáis por iso, por ser a maioría poemas para mín coñecidos ou centos de veces xa lidos nas clases de literatura, cústame máis lelos doutra doutra forma diferente ao enfoque literario das clases de galego.
Selección de poemas de Rosalía cunha mirada feminista. No prólogo enfatizan isto pero en realidade os textos (todos) de Rosalía describen a realidade cotiá da xente galega, aquí ou emigrante, e os seus sentimentos e paixóns. A súa posición en xeral é claramente feminista, aínda sendo mediados do XIX. Que bonita é a súa forma de contar!