É o intre do crepúsculo. Agora é cando morre a lus e os perfiles das cousas deixan de ser concretos. Achego a miña cara á fiestra, aos vidrios da fiestra, e vexo a rúa longa, ateigada de xente informe, coma un carreiro de formigas que fervera estreitamente, escuramente. Os homes son coma formigas, na vila sen nome. E eu, ni ste intre do crepúsculo, véxoos desdebuxados, esvaídos, pois o alento da miña boca vai embazando progresivamente o cristal que se interpón antre os homes e a miña ollada.
É un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea; é membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, da cal é presidente dende o 23 de xaneiro de 2010.
De neno viviu na casa materna na rúa da Reza de Ourense. O seu pai, Venancio Méndez Feijóo, era fillo dun comerciante de Vilanova dos Infantes; e a súa nai, María Ferrín Novoa, era filla do mestre e xornalista Ángel Ferrín Moreiras. Na cidade de Ourense fixo o primeiro curso de Bacharelato, e en 1949 trasladouse coa súa familia a Pontevedra, onde rematou os estudos de grao medio no Instituto da cidade. Nesa etapa foi tomando conciencia da realidade lingüística e cultural e do papel que o galeguismo de preguerra, coa silenciada figura de Castelao ao fondo, desempeñara na reconstrución nacional. Alí formouse na biblioteca de Andrés e Jesús Muruais, e publicou os seus primeiros textos na revista Litoral co pseudónimo de Laín Feixoo.
En 1955 a súa familia trasladouse a Vigo, e el foi estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Alí tomou contacto co galeguismo cultural nucleado na Editorial Galaxia en torno á figura de Ramón Piñeiro, pero non tardou en reclamar unha nova articulación da oposición política ao franquismo e do propio nacionalismo, o que provocou a súa expulsión, xunto con outros mozos, do Consello da Mocedade. En 1956 foi primeiro premio de poesía nas Festas Minervais de Santiago. En 1957 foi vivir a Madrid e tres anos despois licenciouse en Filoloxía Románica. Nesta cidade mantivo estreito contacto cos focos galeguistas e de esquerda alí localizados. Así, en 1958, creouse o grupo Brais Pinto, constituído en torno á editorial do mesmo nome. En 1961 seguiu un curso de cultura inglesa na Universidade de Oxford, e entre 1963 e 1965 fixo diversas viaxes por Europa. Tras facer o servizo militar nas illas Canarias, entre 1962 e 1964 foi mestre no Colexio Fingoi de Lugo, até que en 1965 obtivo a Cátedra de Lingua e literatura Española do Instituto Santa Irene de Vigo instalándose finalmente nesa cidade.
Debido á súa actividade política foi procesado en tres ocasións -a última, cando xa estaban en vigor as institucións democráticas españolas-, sufrindo torturas e varios ingresos no cárcere.[Cómpre referencia] Durante a súa estancia no penal de El Dueso (Cantabria) escribiu Retorno a Tagen Ata e Antón e os inocentes.
Recentemente xubilou e retirouse do seu posto de profesor de literatura no Instituto Santa Irene. Tamén é columnista no xornal Faro de Vigo e dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro, que ten marcado de xeito notábel na última década o devir da nosa cultura coa difusión de problemas e investigacións sobre cuestións diversas con aproximacións interdisciplinares e baixo unha dupla perspectiva nacional e universal. Ferrín é membro da Real Academia Galega e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. É Doutor en Filoloxía.
Xosé Luís Méndez Ferrín foi proposto ó Premio Nobel de Literatura pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Foi galardoado con moitos premios coma o Premio da Crítica, Premio da Crítica Española, Premio da Crítica de Galicia, Premio Losada Diéguez ou o Premio Eixo Atlántico. No 2008 recibiu o Premio Nacional de Literatura, que integra os Premios Nacionais da Cultura Galega.
Xa en 1958 formaba parte do grupo plástico-literario Brais Pinto, de tendencia nacionalista e moi influído pola estética beat. Nas súas viaxes por Francia e Inglaterra tomou contacto co marxismo, un feito transcendental para a súa biografía mais tamén para a evolución do nacionalismo galego na segunda metade do século XX. En sintonía con exiliados coma Luís Soto, Méndez Ferrín xulgou única saída posible para a Galicia contemporánea a fusión entre galeguismo radical e marxismo-leninismo, consonte os movementos de liberación nacional que triunfaban en Cuba, Vietnam ou Alxeria. Este proceso ideolóxico culminou, en 1964, na creación da Unión
1.- El tonito de existencialismo tremendista entre Camus (uno de los relatos es prácticamente una reescritura del principio de El Extranjero), Beckett y el realismo sucio no ha envejecido muy bien
2.- El tratamiento de los personajes femeninos ha envejecido rematadamente mal
3.- Está muy bien escrito. Ferrín es uno de esos escasísimos autores que saben armonizar a la perfección la forma y el contenido. Otro tema es que el contenido sea más o menos interesante en la actualidad (remito a los puntos 1 y 2)
4.- Por alguna razón me recuerda muchísimo en temas y estilo a la Liliana Colanzi de Nuestro mundo muerto, lo cual es quite disturbing
1. Un chinche durme no teito. 2. A cabeza fendida. 3. O cadro asasinado. 4. O Suso. 5. Os homes e a morte. 6. A casa azul. 7. Duas cartas a Lou. 8. Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. 9. Boas noites, Eire. 10. Diario.
Non podo explicar o moitísimo que disfrutei desta lectura, relatos curtos, claros e que se centran na temática do medo e a violencia (a escuridade).
Só houbo unha historia que non me acabou de convencer, pero o resto... Simplemente increíbles. O estilo da prosa é simple e, incluso, repetitiva. Aínda así, creo que exactamente por esa razón, faise agradable a lectura.
Os meus relatos favoritos foron: "Os homes e a noite" "Unha chinche durme no teito" "A casa azul"
Un dos grandes pendentes. Gustoume, aínda que non tanto como contaba. Case que quedo coa maior orixinalidade de "Elipsis e outras sombras", pero prefiro o estilo deste.
O relato sobre Gustavo Comesaña e a Mari é moi bo. "Dúas cartas a Lou" resultoume perturbador, é como ver unha escena de Penny Dreadful salvaxe e "Os homes e a noite" ten unha intensidade case cinematográfica, como o do Suso.
A pesar do seu parecido con “Erros e Tánatos” (libro que disfrutei), este non o soportei nada. Lectura totalmente indiferente e que non volvería repetir