Jump to ratings and reviews
Rate this book

O grupo

Rate this book
Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Serías quen de desprazarte a diario pola túa cidade nunha cadeira de rodas? Imaxinas ter un pai maltratador? Antón, Runa, Carla, Amina e Nico son adolescentes que viven en primeira persoa algunha destas situacións. Deciden acudir ao Centro Cívico do seu barrio seguindo o consello dos adultos nos que confían. Non se coñecían, mais a carón de Sandra, unha traballadora social que conduce os encontros, as súas voces álzanse de xeito testemuñal amosando a súa vulnerabilidade. Non obstante a coordinadora arrastra feridas pendentes de cicatrizar que a fan dubidar da súa capacidade profesional cando se atopa fronte ao Grupo.Unha novela onde os personaxes se ispen emocionalmente da man de An Alfaya.

120 pages, Paperback

First published January 1, 2019

4 people want to read

About the author

An Alfaya

40 books
María de los Ángeles Alfaya Bernárdez, known as An Alfaya, (Vigo, 1964), is a Galician writer.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
3 (14%)
4 stars
1 (4%)
3 stars
10 (47%)
2 stars
6 (28%)
1 star
1 (4%)
Displaying 1 - 4 of 4 reviews
Profile Image for Xabier Cid.
Author 3 books35 followers
May 16, 2021
A short, sharp story of life-changing and redemption. It is a good read, but I would have prefered a few more pages to enjoy those changes in a more realistic manner. Dialogues, which are extremely difficult to create, are not always perfect, and on a few occasions the writer's hand is too clearly behind the characters' words.
On a side note, it looks like at least we are starting to get queer characters in Galician novels, but not as an issue: just 'mundane' situations. That's refreshing.
Profile Image for Nerea Ochoa .
207 reviews
April 29, 2023
📚😉 O GRUPO🙂📚
Aut. An Alfaya
Ed. Xerais
⭐⭐⭐✨
Esta fue la ultima lectura en gallego que le mandaron leer a mi hijo en el instituto y sinceramente creo que los libros que les han mandado leer, tanto en gallego como en castellano, han sido bastante interesantes y actuales, muy adecuadas a la actualidad que los adolescentes estan viviendo.
En este caso, el libro de An Alfaya nos lleva a un grupo de apoyo, guiado por una joven psicóloga que junta un pequeño grupo de adolescentes, cada uno con vivencias traumáticas diferentes y duras.
Me ha gustado bastante, creo que te ayuda a empatizar, a ponerte en la piel de otras personas y especialmente a no juzgar a nadie porque no sabes la historia que hay detrás. Me parece que puede ser una buena lectura para abrir debate en las clases y que aprendan a valorar que a veces una persona puede sufrir por el trato o por comentarios que a priori puedes pensar que no son importantes pero hacen daño.
Es muy corto y de fácil lectura, todo un acierto.
.................
GAL:
Esta foi a última lectura en galego que lle pediron ao meu fillo no instituto e sinceramente creo que os libros que lle pediron, tanto en galego como en castelán, foron bastante interesantes e de actualidade, moi axeitado á situación actual que están a vivir os adolescentes
Neste caso, o libro de An Alfaya lévanos a un grupo de apoio, guiado por unha nova psicóloga que reúne a un pequeno grupo de adolescentes, cada un con experiencias traumáticas diferentes e duras.
Gustoume moito, creo que che axuda a empatizar, a poñerte na pel dos demais e sobre todo a non xulgar a ninguén porque non coñeces a historia que hai detrás. Paréceme que pode ser unha boa lectura para abrir debate nas clases e que aprendan a valorar que ás veces unha persoa pode sufrir o trato ou comentarios que a priori podes pensar que non son importantes pero que fan dano.
É moi breve e fácil de ler, un éxito.
Profile Image for Lara.
406 reviews14 followers
February 29, 2024
podo ver que o libro ten unha intención positiva, mais sinto que non consegue dar a súa mensaxe dunha forma efectiva.

o primeiro é que lle faltan páxinas. coa trama e cos personaxes que presenta, podería ter sido un libro deses que impactan, denunciando situacións máis comúns do que parecen cun elenco carismático. sería interesante ver máis do día a día dos que forman parte do Grupo, ademais de ver como se relacionan entre eles nas seguintes sesións e/ou fóra delas. o libro podería ter finalizado cando rematasen o proxecto grupal. creo que, da forma na que está estruturado o libro, dá a sensación de que esta é máis a historia de Sandra ca dos demais. isto en si mesmo non é malo, pero creo que fai que todo o relacionado coa mensaxe se sinta máis superficial.

xusto ese é o meu seguinte punto: a superficialidade. entendo que temos personaxes con problemáticas diversas, pero sinto que xustamente por iso metelo todo nun libro de 120 páxinas non é a mellor forma de tratar eses temas. supoño que, para alguén que non pensa moito en realidades alleas á súa, este pode ser un bo exercicio de empatía, pero non me parece que chegue a humanizar como debería aos personaxes. realmente a única que se sente viva é Runa, o cal ten sentido porque é quen máis interactúa con Sandra dos cinco. o resto, por moito que teñan algún hobby ou algún trazo propio, síntense como monicreques da autora para chegar ao punto onde quere chegar. nótase que hai un potencial para máis se o libro foise máis longo, pero como non o é...

e xustamente iso contradí unha das mensaxes máis importantes do libro: que as persoas non se definen polos seus traumas nin por só unha parte da súa identidade. que somos seres complexos, moito máis do que alguén pode intuír cunha simple ollada. porén, por moito que os personaxes falen, as súas voces síntense incompletas.

isto pode verse incluso nunha das novas das que falan nun tramo do libro. falan dun surfista cun glaucoma que quedou cego, mais seguiu competindo e tivo un ouro nunha competición mundial de surf para cegos. a forma na que se fala disto síntese como inspiration porn. é bonito que o señor decidise seguir competindo e que soubese que a súa discapacidade non o fai inferior, mais é un cego gañando unha competición para persoas cegas. non é o acontecemento do século, porque se non fose el sería outro cego. nin sequera hai algún fragmento na noticia na que teña voz, na que poda falar das posibles dificultades de facer surf con esa discapacidade. o mesmo mozo que falou da noticia dixo que lle parecera "inspiradora". non vou facer aquí unha redacción sobre o que é o inspiration porn e como afecta ás persoas discapacitadas, mais esta sección do libro ségueo de manual.

isto pode ser un pet peeve meu, mais odio cando se representa a alguén falando un idioma que non fala ben sempre con infinitivos. Amina é marroquí e non sabe falar moi ben galego. ata aí todo ben, o problema é que a súa forma de falar síntese pouco traballada. a forma de comunicarse dunha persoa nun idioma que non domina depende da lingua que estea a falar e as que xa coñece. pódese cambiar a persoa ou os tempos verbais (realmente iso é máis común que o infinitivo), cambiar o xénero dunha palabra, formar o feminino ou o plural de forma incorrecta, cambiar a orde gramatical das oracións, utilizar termos con significados semellantes en contextos que non concordan co seu uso polas persoas nativas do idioma... hai moitas formas de facelo e sinto que este libro foi pola máis simple.

ademais, non é especialmente difícil documentarse disto. quizais non hai moito sobre o tema en galego, pero seguro que hai artigos e vídeos sobre os erros máis comúns dos falantes de árabe en portugués e en castelán. eses erros son facilmente extrapolables ao galego.

por último, non podo non queixarme do estilo da escrita. o uso dos puntos suspensivos é abusivo. entendo que hai moitos diálogos e na vida real as conversas non seguen tanta orde como ao seren plasmadas por escrito, pero había casos de puntos suspensivos en oracións que na vida real rematarían cunha pausa seca. este pode ser outro pet peeve, mais despois de ler os libros da SJM e ver tantos puntos suspensivos, non podo non mencionalo se o atopo noutras obras.

tamén hai algunhas interaccións e descricións pouco naturais. sigo sen saber que clase de obra fixo Runa porque NON SE DESCRIBE.

aínda así, non todo neste libro é ruín. gostei de Runa e do pouco que puiden ver do resto. tamén gostei de que foi relativamente lixeiro de ler. a representación queer normalizada tamén está ben. supoño que é unha lectura aceptable de instituto se queres dar algo para debate e que seguramente nin os que len moito van poder rematar. eu quedei fríe ou quente de raiba polo potencial mal aproveitado.
Displaying 1 - 4 of 4 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.