Jump to ratings and reviews
Rate this book

Be Water

Rate this book
Xa non existe a Era Superficial no planeta Terra. Tras o Gran Cataclismo, a humanidade sobrevive soterrada nas Colmeas, estruturas elípticas con minúsculos cubículos hexagonais onde dormen os seus habitantes. Iolanda é unha adolescente que, xunto a súa filla e o seu curmán, vive nunha destas Colmeas baixo a tiranía da Raíña e a escaseza de auga, un ben que se converteu no artigo máis prezado do mundo e polo que a xente é mesmo quen de matar. Iolanda sábeo: a estraña aparición dun cadáver desencadea unha serie de acontecementos que farán que xa nada volva ser o que era.

100 pages, Paperback

First published December 1, 2019

1 person is currently reading
51 people want to read

About the author

Antía Yáñez

15 books68 followers
Antía Yáñez Rodríguez, nada en Burela en 1991, é unha escritora galega.
Enxeñeira de camiños. Reside en Cecebre (Cambre), onde xestiona unha academia e fai obradoiros literarios para rapaces.

En 2018 gañou o premio Illa Nova con Senlleiras. É a historia de dúas mulleres, Alana (moza pobre) e Alda (influencer), en tempos diferentes, comezos do século XX e comezos do século XXI, pero cun mesmo problema, o maltrato dos seus homes. Na obra hai diferentes narradores e intégranse textos xornalísticos, das redes sociais, etc.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
19 (27%)
4 stars
23 (32%)
3 stars
20 (28%)
2 stars
5 (7%)
1 star
3 (4%)
Displaying 1 - 6 of 6 reviews
Profile Image for Beua.
14 reviews4 followers
April 12, 2021
Non podo quedar así! Necesito máis desta historia, duroume moi pouco... É unha lectura lixeira pero que fai reflexionar sobre temas moi importantes. Perfecta para comezar o ano ❤️
Profile Image for Irene Surfeira.
79 reviews10 followers
January 29, 2020
Un libro que trata temas fortes e na mesma medida importantes. Temas dos que non está ben visto falar, ainda sendo tan reais. Un libro valente, que é unha distopía na que os humanos xa fumos os causantes dun Gran Cataclismo, grazas ao cal tivemos que ir vivir baixo Terra, nunhas estruturas chamadas colmeas, polo seu parecido as residencias das abellas. A xente alí conta con escaseza total de auga, polo que todos teñen unha curiosa esfera flotando enriba da cabeza, aquestaticos, que indican toda a auga coa que contan para todo (beber, asearse, tareas domésticas...). Baixo o mando dunha Raiña, os obreiros e obreiras, e incluso os das clases altas, loitatan por sobrevivir e contra a desesperación, nun futuro non tan remoto e disparatado...
Pido dende aquí unha segunda parte... Quero sabeer!
Profile Image for Buchi.
124 reviews4 followers
April 16, 2024
Oxalá fora máis longo porque o final foi un chisco apurado, pero nice!!!!!
Profile Image for Tensy Gesteira estevez.
543 reviews63 followers
January 30, 2020
O ritmo do libro é moi potente, e na recreación da acción é interesante a división que a autora fai dos capítulos, que recordan grandes obras da literatura universal: A Colmea, Utopía, Grandes esperanzas e A Odisea. Os elementos metaliterarios non rematan aquí, senón que tamén se observan na propio nome dalgúns personaxes, como o caso de Hera, Aquiles ou Lucrecia, que nos levan á época clásica.

Sen dúbida, un libro moi acaído para os tempos que corren. Lonxe do que poidamos pensar, a auga xa é case un ben escaso e cómpre que nos mobilicemos e actuemos para, a través das accións máis cotiás, minimizar os efectos adversos sobre o medio ambiente.

Recensión completa en: https://lecturafilia.com/2019/12/19/b...
Profile Image for Sabela.
81 reviews2 followers
August 20, 2025
Gustoume moito, un libro curto onde estás entretida ata o final. Fixome doado de ler e comecei o libro sen espectativas ningunha xa que non sabía de que ía.
Displaying 1 - 6 of 6 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.