Jump to ratings and reviews
Rate this book

Papá, por que non pintas as unllas de cores?

Rate this book
Non se nace home ou muller. Apréndese a ser home ou muller. No caso concreto dos homes, aprendemos a ser, ademais, machos, a desenvolver unha serie de roles e de comportamentos que, a estas alturas do século XXI, convén revisar en detalle. Neste libro, Jorge Marín reflexiona sobre a necesidade de deconstruír esa educación que nos fai homes dende unha nova perspectiva, feminista e integradora. É un libro sobre as Novas Masculinidades que temos que empezar, entre todas e todos, a construír para conseguir un mundo máis igual e, sobre todo, homes e mulleres máis felices. Dende a educación formal, os videoxogos, a literatura, os medios de comunicación.

130 pages, Paperback

First published November 22, 2019

4 people are currently reading
12 people want to read

About the author

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
5 (23%)
4 stars
11 (52%)
3 stars
2 (9%)
2 stars
2 (9%)
1 star
1 (4%)
Displaying 1 - 6 of 6 reviews
Profile Image for Moisés.
271 reviews22 followers
January 22, 2020
Unha contribución bastante pobre a un tema moi interesante. Esperaba atopar reflexións coas que confrontar e, cun pouco de sorte, tomar notas para a vida. Non receitas nin estratexias, pero si ideas. Pero o libro contén un catálogo de videoxogos, outro de libros e pouco máis. Un contido moi escaso, que tería máis sentido nun formato en liña que permitise ir enriquecendo eses catálogos. Non se xustifica a edición do libro, de non ser pola vontade de engordar un catálogo arredor do feminismo sen reparar demasiado no interese do que se publica.
Profile Image for Tensy Gesteira estevez.
543 reviews59 followers
April 16, 2020
Estamos diante dun libro moi útil para as mestras e mestres, nais e pais e persoas educadoras, pois nel propóñense diversas técnicas para traballar desde as idades máis temperás: no capítulo de ‘homo ludens’ recóllense xogos, lecer, espazos e deportes que foxen da agresividade; no de ‘homo sapiens’ achéganse contos e libros nos que se trate as masculinidades diferentes, a diversidade, a empatía, os homes coidadores, os afectos e a corresponsabilidade nas tarefas do fogar, entre outras; e o ‘homo ambulans’ recompila os diversos espazos de interrelación que marcan a nosa subxectividade, como os referentes masculinos próximos ou que foron significativos na nosa vida.

Recensión completa na miña web: https://lecturafilia.com/2020/02/21/p...
Profile Image for Roy Cid.
178 reviews21 followers
June 11, 2020
Paréceme un libro fascinante e moi necesario, xa que aporta pautas de comportamento e educación para evitar que os nosos fillos caigan na pequena e incómoda gaiola que é a masculinidade heteropatriarcal e, deste modo loitar contra a opresión do machismo tanto en mulleres coma homes. Dende listas de libros educativos inspirados na igualdade e na ruptura cos roles de centro, videoxogos, etc...
2 reviews
July 27, 2020

Leitura muito ágil que pode até funcionar no ensino médio.

Obrigado pelo trabalho!

2 reviews1 follower
July 9, 2025
Ensaio moi básico sobre novas masculinidades. Para quen non teña base ningunha.
Profile Image for Bea Vázquez Díaz.
104 reviews3 followers
September 19, 2023
[GAL] Recoñezo que este é un libro ao que lle teño un cariño especial, pois foise xestando ao mesmo tempo que o meu TFG e Jorge G. Marín e eu falabamos moito del nas miñas titorías, así que poida que esta non sexa a reseña máis obxectiva que ides ler nesta conta.
En "Papá, por que non pintas as unllas de cores? Educando (construíndo) masculinidades disidentes" Jorge aborda a necesidade de impregnar a educación de masculinidades que fuxan do canon hexemónico do heteropatriarcado. E como o fai? Pois analizando diferentes aspectos que inflúen na socialización e na construción da propia identidade e dándonos algún pequeno consello de recursos que nos poden axudar a mostrarlles referentes diversos aos nenos.
Paréceme moi interesante a maneira de estruturar esta análise, a través de 3 grandes bloques:
- Homo ludus, onde fala do tempo de ocio principalmente, incidindo nos xoguetes, xogos e tempo de lecer en xeral.
- Homo sapiens, que aborda os referentes simbólicos, a linguaxe e a literatura. Aquí está a miña parte favorita do libro, xa que hai unha pequena pero valiosísima guía de lecturas recomendadas para a Educación Infantil e Primaria.
- Homo ambulans, onde se trata a parte máis relacionada coas relacións sociais (sentimentos, actitudes, comportamentos, relacións asertivas...) dende a perspectiva da ética dos coidados e a educación afectivo-sexual, principalmente.
Penso que é un libro en xeral moi interesante de ler por calquera persoa que teña crianzas preto por todas as recomendacións que inclúe, pero tamén por calquera home en xeral que sinta a necesidade de deconstruírse para axudarnos a facer deste mundo un lugar máis feminista.
Sei que o digo sempre, pero esta colección de Editorial Galaxia paréceme unha marabilla. De feito, vouna saboreando aos poucos porque non quero que remate nunca.

[CAS] Reconozco que este es un libro al que le tengo un cariño especial, pues se fue gestando al mismo tiempo que mi TFG y Jorge G. Marín y yo hablábamos mucho de él en mis tutorías, así que puede que esta no sea la reseña más objetiva que vayáis a leer en esta cuenta.
En "Papá, por que non pintas as unllas de cores? Educando (construíndo) masculinidades disidentes" Jorge aborda la necesidad de impregnar la educación de masculinidades que huyan del canon hegemónico del heteropatriarcado. ¿Y cómo lo hace? Pues analizando diferentes aspectos que influyen en la socialización y en la construción de la propia identidad y dándonos algún pequeño consejo de recursos que nos pueden ayudar a mostrarles referentes diversos a los niños.
Me parece muy interesante la manera de estructurar este análisis, a través de 3 grandes bloques:
- Homo ludus, donde habla del tiempo de ocio principalmente, incidiendo en los juguetes, juegos y tempo de ocio en general.
- Homo sapiens, que aborda los referentes simbólicos, el lenguaje y la literatura. Aquí está mi parte favorita del libro, ya que hay una pequeña pero valiosísima guía de lecturas recomendadas para la Educación Infantil y Primaria.
- Homo ambulans, donde se trata la parte más relacionada con las relaciones sociales (sentimientos, actitudes, comportamientos, relaciones asertivas...) desde la perspectiva de la ética de los cuidados y la educación afectivo-sexual, principalmente.
Pienso que es un libro en general muy interesante de leer por cualquier persona que tenga niñas y niños cerca por todas las recomendaciones que incluye, pero también por cualquier hombre en general que sienta la necesidad de deconstruírse para ayudarnos a hacer de este mundo un lugar más feminista.
Sé que lo digo siempre, pero esta colección de Editorial Galaxia me parece una maravilla. De hecho, la voy saboreando a los pocos porque no quiero que acabe nunca.
Displaying 1 - 6 of 6 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.