Poden dúas persoas á deriva salvarse mutuamente? Pode a necesidade de amar e ser amado abondar para sobrevivir cando a burbulla da felicidade estalou en mil anacos? Grace e Frank son dous superviventes de si mesmos nun Londres cheo de focos vitais. Son o tráxico resultado de anos e anos de inseguridades, medos, carencias afectivas e unha busca desesperada de aprobación na ollada allea. Cando os seus presentes chocan e se funden nun único futuro, a súa sorte está botada. Illados de todo e de todos, iniciarán unha fuxida cara adiante que lles procure o que a vida ata entón lles negou: unha verdadeira familia. Pero, ás veces, o destino ten outros plans...
Non esperaba para nada a maneira na que está narrado pero encantoume!!! A única pega que lle poño é que me gustaría que o final se extendese co futuro de Grace. A conclusión con este libro é: non hai un home bo.
a historia é boa e está presentada dunha forma moi interesante en tres partes con numerosas perspectivas.
en ocasións os cambios de narrador son confusos e obrigan a unha relectura, sobre todo na primeira parte que se centra en presentar a historia familiar dos protagonistas e o lector aínda non recoñece as personaxes.
ao rematar o libro bótase en falta máis contido ou un maior desenvolvemento da tram, mais é entretido.